Requisitos

REQUISITOS ACADÉMICOS:

  • Licenciatura
  • Grao universitario ou equivalente (p. ex.: Diplomatura + Máster = 240 créditos cursados)
  • Quen proveña dunha titulación non vinculada co campo psicolóxico deberá dirixir un escrito á Comisión Académica do Máster xustificando a pertinencia de obter un Máster en Psicoloxía Aplicada.
  • Non é obrigatorio acreditar coñecementos de inglés, pero valoraranse positivamente

REQUISITOS PARA O ACCESO:

A documentación a presentar co resgardo da solicitude de admisión será a seguinte:

  • Fotcopia do DNI, NIE ou pasaporte (cotexada ou compulsada)
  • Fotocopia do Título ou del Depósito do título (certificado de telo solicitado) co que se quere acceder ao Mestrado (compulsada ou cotexada, legalizada ou apostillada, segundo corresponda)
  • Fotocopia da Certificación Académica Oficial, CAO (compulsada ou cotexada, legalizada ou apostillada, segundo corresponda) 
  • Currículo, acompañado da documentación acreditativa (ver baremo de admisión)
  • Escrito xustificativo (se procede, de acordo cos requisitos académicos anteriores)

 As persoas con títulos académicos estranxeiros de fora do EEES deberán presentar, ademais:

  • Certificado expedido por autoridade competente que exprese que o título do que estea en posesión o/a solicitante permite, no país que o expedide, o acceso a ensinanzas de mestrado ou de posgrao.Excepcionalmente poderase substituir por unha "Declaración responsable" do/da interesado/a [descargar AQUÍ].
  • Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros aos estudos oficiais españois [descargar AQUÍ], dirixida ao reitor, pola que aboará as taxas correspondentes  antes de formalizar a súa matrícula.

Toda a documentación deberá presentarse convenientemente legalizada e, se é o caso, debidamente traducida a algunha das linguas oficiais da comunidade autónoma galega (non será precisa a tradución oficial cando se trate de documentos redactados en lingua inglesa, francesa, portuguesa ou italiana). 

A documentación entregarase en persoa ou por correo postal no Rexistro do centro [*], dentro do prazo establecido [+ info]

TITULACIÓNS VÁLIDAS:

Consideraranse titulacións válidas:

  • Os títulos universitarios oficiais españois
  • Os expedidos por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que faculten no país expedidor para o acceso a ensinanzas de máster
  • Os ttítulos de países de fóra do EEES homologados polo Estado Español
  • Tamén poderán acceder os titulados de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade da homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de máster. A solicitude de acceso aos estudos por esta vía deberá realizarse de forma expresa.

[*] REXISTRO: Secretaría Decanato, Facultade de CC da Educación andar +2, Campus de Elviña, 15071 A Coruña, España (Telf.: +34 88 101 4640)