TFM

De acordo co Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, os ensinos de Máster Universitario concluirán coa elaboración e defensa pública dun traballo de fin de Máster.

Este traballo deberá reflectir que se adquiriron as competencias propias do resto das materias e, para poder realizar o seu defensa, será necesario aprobar, previamente, o 100% das demais materias da titulación.

O  TFM do Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada realizarase de forma individual, baixo a dirección dun/a docente da titulación, nunha de dúas posibles modalidades: proxecto de investigación ou traballo de investigación. 

Tanto a estrutura, como as directrices básicas para a súa elaboración, presentación, etc., están recollidas no Regulamento do Traballo de Fin de Máster, que pode consultarse. do mesmo xeito que outra información de interese, nas seguintes ligazóns: