Convocatoria TFM 2018-19

PARA TODAS AS CONVOCATORIAS:

  • A versión definitiva do Traballo de fin de máster elaborado de acordo coas orientacións dispoñibles nesta web entregarase por cuadriplicado (orixinal e tres copias) no Rexistro do centro, acompañado do informe do titor en sobre pechado e copia do resgardo da solicitude de defensa feita na secretaría virtual (ver Procedimento). O TFM terá un mínimo de 5.000 e un máximo de 10.000 palabras, e a portada farase segundo o modelo normalizado. O documento completo en pdf subirase a Moodle non máis tarde do día en que se deposite en papel no Rexistro.
  • Para o acto de defensa, a orde de presentación dos Traballos determinarase mediante sorteo.
  • Cada estudante dispoñerá dun máximo de 15 minutos (que non superará en ningún caso) para a súa exposición, á que seguirán as preguntas do Tribunal.
  • Quen queira utilizar algún apoio audio-visual deberá levalo nunha memoria  USB e presentarse con polo menos 20 minutos de antelación á hora de inicio do acto para transferir os arquivos ao computador do salón ou aula onde se vaia a celebrar o acto.
  • Salvo motivo xustificado acreditado con antelación, todo o alumnado que vaia a expoñer o seu  TFM deberá estar presente durante todo o acto (en todas as presentacións e intervencións do tribunal).
  • Todo o proceso se rexerá polo especificado no Regulamento do TFM.
  • Cada TFM dispoñerá de ata dúas oportunidades para a súa defensa en cada curso académico.

 

FEBREIRO 2019 (é necesario volver matricular o TFM no curso 2018-19)

  • Depósito do Traballo: ata as 14:30 horas do 19 de febreiro
  • Defensa pública e avaliación: 28 de febreiro, ás 12:30 horas, na Sala de Xuntas P1-B do Departamento de Psicoloxía (planta +1)
  • Tribunal: 
    • Presidente: José Luis Marcos
    • Secretario: Carlos Freire
    • Vogal: Silvia López Larrosa
    • Suplentes: Pablo Espinosa, Patricia Otero, Manuel Peralbo
  • Orden de presentación de los Trabajos (obtenido por sorteo):
    1. Antía Sanjurjo Arcay (Dir. Miguel Clemente)
    2. Tania Rodríguez Gómez (Dir. Alicia Risso)