Tipos de traballos de fin de mestrado posibles
• Proxecto de investigación
• Traballo de investigación
Instrucións para a elaboración dun proxecto de investigación
Terá a estrutura e características dos proxectos de investigación que se presentan ás convocatorias públicas competitivas. Cunha extensión mínima de 5.000 palabras e máxima de 10.000 (incluíndo títulos, táboas e figuras, pero sen contar anexos), deberá incluír os seguintes apartados:
APARTADO
|
DESCRICIÓN
|
|
Título
|
Debe resumir a idea principal do traballo dun xeito simple, expoñendo de forma concisa o tema principal e permitindo identificar as variables ou as cuestións teóricas obxecto de investigación, así como a relación entre elas.
|
20 palabras, máximo
|
Resumen
|
Debe ser un breve pero completo sumario do que será a investigación. Incluirá, de forma non-avaliativa, información relativa a: Problema de investigación, Obxectivos, Participantes, Método, Aplicacións ou implicacións dos resultados que se obteñan.
En primeiro lugar irá o resumo na lingua na que estea redactado o traballo (galego ou castelán), despois na outra lingua oficial (galego ou castelán) e, por último, en inglés.
|
Entre 100 (mínimo) e 250 (máximo) palabras
|
Antecedentes e estado actual do tema
|
A finalidade desta sección é:
· Introducir o problema específico obxecto da investigación
· Describir os antecedentes e o estado actual do tema (incluíndo as referencias bibliográficas máis relevantes)
· Indicar o propósito e razón de ser da investigación
|
500 – 1000 palabras
(Máximo 3 páxinas)
|
Referencias bibliográficas
|
Confeccionaranse segundo as directrices da APA. Os erros neste apartado serán considerados graves.
|
1 páxina
|
Obxectivos
|
Indicar cal é a finalidade do proxecto e as súas metas concretas. Especificar os obxectivos xerais e específicos.
|
100 – 200 palabras
|
Hipótese
|
Formular de modo claro e preciso o suposto que se pretende estudar.
|
100 – 200 palabras
(Máximo hipótese + obxectivos: 1 páxina)
|
Método
|
Deberá describir en detalle como se fará a investigación, de forma que permita avaliar a adecuación dos métodos a empregar e a fiabilidade e validez dos resultados a obter.
Incluirá a descrición de:
· Participantes (selección e asignación, e características)
· Materiais ou aparatos
· Procedemento (resumir cada paso da execución da investigación, incluíndo instrucións, formación de grupos, manipulacións experimentais, …)
· Métodos de análise dos datos
|
700 – 1000 palabras
(Máximo 3 páxinas)
|
Plan de traballo
|
Establecer graficamente o desenvolvemento do traballo previsto, indicando escalas de tempos e reparto de tarefas mediante un cronograma.
|
1 páxina
|
Plan de difusión dos resultados
|
Indicar os congresos e revistas científicas (indicando o seu factor de impacto) nos que se darán a coñecer os resultados da investigación.
|
Mínimo:
- 5 congresos
- 5 revistas
|
Recursos necesarios
|
Neste apartado, incluirase:
· Infraestrutura necesaria (tipo de espazo ou centro)
· Recursos humanos necesarios
· Material funxible e inventariable necesario
· Financiamento necesario (desglosado por apartados).
|
1 páxina
|
Fontes de financiamento
|
Indicar as posibles fontes de financiamento públicas
(convocatorias autonómicas, estatais, europeas, …) e/ou privadas.
|
100-200 palabras
|
Aspectos éticos
|
Describir cómo se cumprirán os requisitos éticos relacionados co ámbito do proxecto (consentimento informado, etc.).
|
1 páxina
|
Custo económico
|
Indicar o custo de cada item e o custo final:
· Gasto de persoal
· Bens e servizos
· Material inventariable
· Material funxible
· Contratacións de servizos (especificar)
· Outros gastos (especificar)
· Viaxes e dietas (participación en congresos; outros)
|
1 páxina
|
[*] Se non se indican mínimos e/ou máximos, a extensión mencionada é só orientativa.
Instrucións para a elaboración dun traballo de investigación
Terá a estrutura e características dun artigo científico orixinal. Cunha extensión mínima de 5.000 palabras e máxima de 10.000 (incluíndo títulos, táboas e figuras, pero sen contar anexos), deberá conter os seguintes apartados
[1]
APARTADO
|
DESCRICIÓN
|
|
Título
|
Debe resumir a idea principal do traballo dun xeito simple, expoñendo de forma concisa o tema principal e permitindo identificar as variables ou as cuestións teóricas obxecto de investigación, así como a relación entre elas.
|
20 palabras, máximo
|
Resumen
|
Debe ser un breve pero completo sumario dos contidos do artigo. Incluirá, de forma non-avaliativa, información relativa a: Problema de investigación, Participantes, Método, Resultados, Conclusións e implicacións ou aplicacións.
En primeiro lugar irá o resumo na lingua na que estea redactado o traballo (galego ou castelán), despois na outra lingua oficial (galego ou castelán) e por último en inglés.
|
Entre 100 (mínimo) e 250 (máximo) palabras
|
Introdución
|
A finalidade desta sección é:
· Introducir o problema específico obxecto da investigación
· Describir os antecedentes e o estado actual do tema (incluíndo as referencias bibliográficas máis relevantes)
· Indicar o propósito e razón de ser da investigación
|
500 – 1000 palabras
|
Método
|
Deberá describir en detalle como se fixo a investigación, de forma que permita avaliar a adecuación dos métodos empregados e a fiabilidade e validez dos resultados, así como replicar o estudio.
Incluirá a descrición de:
· Participantes (selección e asignación, e características)
· Materiais ou aparatos
· Procedemento (resumir cada paso da execución da investigación, incluíndo instrucións, formación de grupos, manipulacións experimentais, …)
· Métodos de análise dos datos
|
700 – 1000 palabras
|
Resultados
|
Aquí resúmense os datos recollidos e o seu tratamento estatístico. Haberá que ter especialmente en conta a presentación dos estatísticos. A información contida nesta sección debe ser suficiente como para corroborar as análises levados a cabo. Poderán incluírse táboas e figuras.
|
800 – 1200 palabras
|
Discusión e conclusións
|
Trátase de avaliar as implicacións dos resultados, especialmente con respecto á hipótese. Aquí débense examinar, interpretar e valorar os resultados, e extraer inferencias e conclusións a partir deles. Hai que recalcar as consecuencias teóricas e a validez das conclusións. Rematar o apartado cun comentario razoado e xustificado sobre a importancia dos achados. Incluír achegas orixinais do/a autor/a.
|
600 – 800 palabras
|
Referencias bibliográficas
|
Confeccionaranse segundo as directrices da APA. Os erros neste apartado serán considerados graves.
|
15 – 25 referencias
|
Apéndices
|
Incluiranse só se poden axudar a entender, avaliar ou replicar o estudo. Teñen que estar mencionados no texto.
|
|
[1] Para a elaboración de todos os apartados débense seguir, da forma mais estrita posible, as directrices da APA.
[2] Se non se indican mínimos e/ou máximos, a extensión mencionada é só orientativa.
Material creado por A. Risso