Procedemento para a avaliación do TFM

 

Pasos a seguir para que o Traballo de fin de máster poida ser defendido e avaliado:

 

  1. ALUMNADO: Preinscrición da defensa no Rexistro do centro (impreso AQUÍ)
     
  2. ALUMNADO: Introducir na Secretaría Virtual o título do  TFM nos tres idiomas requiridos (o título debe coincidir co da proposta aprobada no seu momento pola Comisión Académica)
     
  3. PROFESORADO: Informe do/a director/a na Secretaría Virtual
        Requisito: Que o/a estudante teña introducido na Secretaría Virtual o título do TFM nos tres idiomas requiridos (ese título debe coincidir exactamente co da proposta presentada en xaneiro ou, se é o caso, co da modificación solicitada e aprobada pola Comisión Académica).
     
  4. ALUMNADO: Solicitude de defensa por parte do/a estudante na Secretaría Virtual
        Requisitos:
    1. Estar matriculado/a no TFM
    2. Ter aprobadas todas as demais materias da titulación
    3. Ter informe favorable á presentación por parte do/a director/a
       
  5. ALUMNADO: Subir a Moodle o  TFM completo (nun único ficheiro en pdf), coa firma electrónica do/a director/a
     
  6. ALUMNADO: Entregar no Rexistro do centro a seguinte documentación, acompañada do impreso de presentación:
    1. Copia do resgardo da solicitude de defensa feita na secretaría virtual
    2. Orixinal e tres copias da versión definitiva do Traballo de fin de máster, elaborado de acordo coas orientacións dispoñibles nesta web, co visto e prace e firma do/a director/a na portada
    3. Copia da pantalla de Moodle na que se vexa que se completou a tarefa de subir o Traballo en pdf.
    4. Informe do tutor para o tribumal, en sobre pechado.
    5. Copia do expediente académico, obtido na Secretaría Virtual, onde conste que están aprobadas todas as demais materias da titulación.
       
  7. ALUMNADO: Remitir por correo electrónico á administración do Mestrado, se aínda non se fixo, o Informe anual do alumnado debidamente cuberto.

O proceso réxese pola normativa da Universidade, polo Regulamento de TFM deste Mestrado e polos prazos aprobados pola Xunta de Facultade, todo o cal figura nesta web.