Noticias

01/10/2018


Acollida ao alumnado do mestrado e visita ás instalacións da Facultade










 


Data e hora: Luns 1 de outubro, 16:00 horas.


Lugar: Aula 1/5 (aula 5  da planta 1), Facultade de CC da Educación.


Duración: 1 hora 1/4 (aproximadamente).


Obxectivos: Informar o alumnado sobre os aspectos esenciais do Máster, de acordo co previsto no Plan de Acción Titorial (PAT). Dar a coñecer as instalacións e dependencias da Facultade ao alumnado procedente doutros centros (especialmente: biblioteca, aulas-net, zonas profesorado e administración, cafetaría).


Destinatarios: Alumnado do Mestrado. Asistencia obrigatoria.


Responsable da actividade: Coordinadora da titulación.