Noticias

24/09/2018


Cafés informativos Biblioteca FCE

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación comeza cos seus "cafés(in)formativos", presentándovos unha ferramenta para xestionar as vosas referencias bibliográficas: Refworks.

Se non utilizades ningún xestor bibliográfico ou non coñecedes Refworks, convidámosvos a un café na Biblioteca e aprendémosvos no seu uso. Con Refworks podedes:


- Importar e exportar citas desde bases de datos científicas, catálogos, webs, buscadores académicos, repositorios, etc.

- Gardar documentos, editalos, engadir notas e comentarios.

- Compartir as referencias e documentos con colegas.

- Formatear citas e bibliografías dun xeito automático no estilo da APA, en calquera traballo.

Anótate na Biblioteca, grupos de oito persoas.