¿Qué é o Programa Erasmus-Bilateral con fins de estudos?
O programa Erasmus+ é unha acción da Unión Europea que ten como obxectivo impulsar a mobilidade e o intercambio de estudantes no ámbito do ensino superior europeo. No caso do Programa Erasmus a mobilidade é entre o noso país e países pertencentes á EU e no caso do Programa Bilateral a mobilidade é entre o noso país e países non pertencentes á UE. Trátase de fomentar as posibilidades de facer unha estadía nunha universidade estranxeira con fins de estudos e favorecer así o coñecemento da cultura e o mundo académico de distintos países.
¿Cando se publica a convocatoria?
A primeira convocatoria para participar no programa Erasmus-Bilateral ábrese, polo xeral, no mes de xaneiro de cada ano por medio dunha resolución reitoral. Normalmente cada ano tamén se publican três convocatorias mais coas prazas non cubertas.
¿Canto tempo pode durar a estadía? As estadías poden durar un cuadrimestre ou o curso completo.
¿Cando solicitar esta mobilidade?
A mobilidade pódese solicitar dende o 1º curso pero o máis habitual é solicitar a praza en 2º ou 3º.
¿Cales son as axudas económicas?
As convocatorias están financiadas con axudas da UDC e da Comisión Europea. A asignación da bolsa é automática no momento de obter a praza Erasmus-Bilateral Existen ademais bolsas complementarias do Ministerio, a Xunta de Galicia e doutras entidades. As cantidades varían nas distintas convocatorias.
¿Onde podo atopar a información?
Toda a información relativa aos requisitos de idiomas, oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible no sitio web da Oficina de Relacións Internacionais.
¿Qué ofrece a nosa Facultade?
Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade e unha Comisión de Relacións Intermacionais.
AVISOS IMPORTANTES
- Por acordo da Comisión de Relacións Internacionais do centro, non se poderán levar materias suspensas en ningunha convocatoria no contrato de estudos para estadías Erasmus/Bilateral.
- Tal e como se recolle nas Convocatorias, no caso de suspender unha materia no centro de destino non se poderá acceder á oportunidade de xullo na nosa Facultade. Haberá que acollerse ás oportunidades do centro de destino.
- Tal e como se recolle nas Convocatorias, o proceso de adxudicación dos destinos levarase a cabo seguindo a nota media do expediente académico dos solicitantes pero se poderán excluír, no momento da adxudicación, destinos que non permitan levar a cabo as convalidacións e recoñecementos académicos necesarios. O estudante ten a obriga de consultar que no destino exista un plan de estudos adaptado ao seu perfil académico así como a viabilidade de estudar na lingua en que se imparten as materias.
- Por acordo da Comisión de Relacións Internacionais do centro o recoñecemento académico levarase a cabo seguindo a Resolución del 21 de marzo de 2016 da Dirección General de Política Universitaria, xunto coa Resolución do 21 de jullo pola que se complementa a relación de escalas de cualificación e a Resolución de 18 de setembro de 2017 pola que se actualiza a relación de escalas, usando as táboas de equivalencias publicadas nos Anexos destas Resolucións. https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html
Trámites a realizar
Ofertas de prazas de mobilidade internacional
Solicitudes 3º prazo programas internacionais de mobilidade
Destinos ERASMUS |
Alemania |
|
Bélgica |
|
Dinamarca |
|
Eslovaquia |
|
Francia |
|
Grecia |
|
Hungría |
|
Italia |
|
Macedonia |
|
Paises Baixos |
|
Polonia |
|
Portugal |
|
Reino Unido |
|
República Checa |
|
Rumanía |
|
Suecia |
|
|
Destinos BILATERAL |
Arxentina |
|
Brasil |
|
Chile |
|
Estados Unidos |
|
México |
|
|