Programa Erasmus Prácticas (SMP)


¿Qué é o Programa Erasmus prácticas?
O programa Erasmus Prácticas ofrece a posibilidade de levar a cabo un período de prácticas curriculares ou extra-curriculares coa finalidade de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social do país de destino, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral.

¿Cando se publica a convocatoria?
A convocatoria para participar no programa Erasmus Prácticas publícase cada ano no mes de xuño ou xullo.

¿Canto tempo pode durar a estadia?
A estadía pode durar entre 2 e 12 meses nunha empresa ou organización dun país da Unión Europea.

¿Cando solicitar esta mobilidade?
Para levar a cabo prácticas curriculares é necesario estar matriculado do Practicum na nosa facultade e ter en conta a duración mínima de estadía. As prácticas extracurriculares as poden facer estudantes que aínda non rematarán a titulación e tamén estudantes titulados. Estes últimos terá que facer as prácticas durante o ano inmediatamente posterior a finalización dos estudos e pedilas cando aínda están matriculados na UDC.

¿Cales son as axudas económicas?
As convocatorias están financiadas con axudas da UDC e da Comisión Europea. A asignación da bolsa é automática no momento de obter a praza. As bolsas outórganse por orde de solicitude polo que é importante poñerse en contacto coa empresa ou organización antes da publicación da convocatoria.

¿Onde podo encontrarla información?
Toda a información relativa ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible no sitio web da Oficina de Relaciones Internacionales. É responsabilidade do estudante atopar a empresa de destino pero a Oficina de Relacións Internacionais tamén publica as ofertas que recibe na seguinte ligazón Oferta de prácticas en empresas. Os requisitos de idiomas quedan recollidos nos convenios que se asinen coas empresas e nas Convocatorias de mobilidade.

¿Qué ofrece a nosa Facultade?
Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade e unha Comisión de Relacións Internacionais


Información importante