Propiedade intelectual

A Facultade de Ciencias da Educación expresa publicamente o seu compromiso contra o plaxio, e polo respecto da propiedade de obras e ideas de todos e todas. Para iso despregáronse diferentes iniciativas dirixidas a previr e a detectar o mal uso das ideas e obras dos demais.

Prevención

No ámbito das competencias do Centro puxéronse en marcha, dentro das guías docentes dos títulos de Grao e Mestrado, accións formativas dirixidas a desenvolver nos estudantes unha actitude ética fronte ao uso de ideas doutros autores, así como das consecuencias dun uso inapropiado das mesmas. Ademais de proporcionar información, o profesorado contribúe á formación de hábitos de traballo nos estudantes dirixidos a que identifiquen sempre nas súas anotacións a fonte e, no seu caso, as páxinas concretas, de onde extraen os seus resumos ou citas textuais.

Asemade, dentro do Plan de Acción Titorial do Centro, programaranse ao comezo de cada cuadrimestre obradoiros formativos para a prevención do plaxio nos Traballos Fin de Grao e nos Traballos Fin de Mestrado. Os autores destes traballos deben asinar o documento oficial que a Facultade pon á súa disposición, para garantir a orixinalidade, o respecto das ideas dos autores, e a veracidade dos seus contidos.

Nesta dirección, a Facultade habilita na súa páxina principal un espazo específico e destacado, para informar e proporcionar ferramentas útiles a profesorado e estudantes.

É política da Facultade, non autorizar a través das comisións de titulación, a publicación de ningún traballo no RUC que non sexa verificado a través dunha aplicación antiplaxio.


NON DEBEMOS ESQUECER

Plaxio. Os investigadores non se apropian das palabras e ideas doutros.

As comiñas deben usarse para indicar as palabras exactas do autor orixinal. Debe incluírse a páxina ou páxinas da obra da que se extraeron.

Cada vez que se parafrasea a outro autor (é dicir, resúmese unha pasaxe ou reordena a orde das palabras nunha oración, ou se cambian algunhas palabras), é obrigatorio citar a fonte no texto. Isto inclúe ás comunicacións persoais.

Para evitar denuncias por plaxio, é recomendable tomar notas coidadosas mentres se realiza o estudo, de modo que se poida facer un seguimento das súas fontes. Auto-plaxio Mentres que o plaxio refírese á práctica de atribuírse as palabras, ideas e conceptos doutros, o auto-plaxio refírese á práctica de presentar o que xa publicamos coma se fose novo. O previamente publicado só debe utilizarse para que se comprenda a contribución do novo traballo, ben sexa na introdución teórica como no método.

 


DOCUMENTOS:
 

 

Antiplaxio con Turnitin
 

 

O plaxio é un tema de preocupación con implicacións éticas e metodolóxicas moi relevantes no ámbito universitario. Supuxo sempre un esforzo e reto importante. A tecnoloxía favoreceu que hoxe contemos con sistemas avanzados para detectalo e previlo.

Turnitin é unha unha ferramenta antiplaxio. Serve para detectar e previr o plaxio. Funciona de modo que permite avaliar un documento cotexando o seu contido con múltiples fontes da rede e bases de datos, emitindo un informe no que sinala as coincidencias de similitudes que se dan, a través das que podemos identificar de forma sinxela as fontes de plaxio.

A Universidade da Coruña adquiriu a través do CIXUG licencias do Sistema antiplaxio Turnitin, que se distribúen para o PDI dos distintos centros. Cada centro é o encargado asumir a implantación deste sistema facilitando as licencias de usuario entre o seu profesorado. Para elo cada centro ten asignado un administrador no sistema Turnitin, que se encarga de xestionar a alta do profesorado do centro e darlle soporte. O obxectivo é que todos os docentes que dirixen TFG, TFM e Teses dispoñan dunha licenza para que poida verificar o grao de orixinalidade dos traballo a través deste sistema.

A Facultade de Ciencias da Educación avanza a implantación de Turnitin co ánimo de facilitar que o profesorado a incorpore de forma sinxela. Para elo conta con:

  • Administrador de centro. A súa función é xestionar a incorporación do profesorado (alta de usuarios) e dar soporte para o seu uso.
  • Curso virtual en Moodle. Recolle un conxunto de materiais de apoio sobre o uso de Turnitin, que o profesorado pode utilizar de forma autónoma.
  • Obradoiro “Revisión antiplaxio con Turnitin” (Programa).

– Destinatarios: PDI Fac. CC. da Educación que dirixa TFG/TFM/Teses

– Duración: 3 horas

– Datas: 12 e 26 de marzo (16-19h), 2 e 9 de abril (9-12h).

– Período de inscrición: do 11 de febreiro a 19 de febreiro incluidos

– Inscrición: enviar formulario de inscrición a educa@udc.es.

– Nº de prazas: 15 (por obradoiro). Faranse novos obradoiros segundo a demanda.

 

Aspectos lexislativos e outras accións preventivas para evitar o plaxio
 

  • Regulamento do Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC (CEID-UDC), aprobado polo Consello de Goberno o 3 de abril de 2018, que establece, no seu artigo 1, que o devandito Comité é un órgano colexiado permanente, interdisciplinar, independente e de un carácter consultivo cuxo propósito é avaliar e garantir a corrección dos aspectos éticos da investigación e da docencia e promover a integridade científica e académica. Máis información
  • Normas para a avaliación, revisión e reclamación de cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario, nas que a sección III se refire á avaliación, o artigo 14.4 di: "Na realización dos traballos, o plaxio e o uso de material non orixinal, incluída a obtida a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor, pode considerarse causa de cualificación de fallo na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que podería haber lugar despois do correspondente procedemento ”(páx. 6). Máis información
  • O Servizo de Bibliotecas Universitarias da UDC, na súa Sección de Información e Referencia, elaborou en 2017 o documento Como facer un traballo académico ou de investigación, no que se presentan as distintas seccións que deben conter todos os traballos académicos e / ou de investigación e, especificamente no punto 10 "Preparar a bibliografía: descrición bibliográfica, sistema de citas e xestores de referencia" indica que, entre as tarefas desta sección está "Cumprir o principio de recoñecemento dos méritos doutros, evitando así o plaxio" (p.17) . Do mesmo xeito, na súa páxina web informa sobre o que é o plaxio e non no traballo intelectual, a normativa sobre plaxio e un vídeo tutorial sobre plaxio e honestidade académica. Máis información