Información importante Destinos Universidade Autónoma de Madrid Universidade de Castilla-La Mancha Universidade Complutense de Madrid Universidade de Jaén Universidade de Murcia
¿Qué é o Programa Sicue? SICUE-Séneca é un sistema de mobilidade para aquel alumnado que desexe realizar un curso académico noutra universidade española coa que teña convenio a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas Séneca.
¿Cando se publica a convocatoria? Para solicitar esta mobilidade hai que ter superados un mínimo de 60 créditos e estar matriculado en 30 créditos.
¿Canto tempo pode durar a estadía? As estadías son de 5 ou de 9 meses en función do convenio asinado entre a nosa facultade e a facultade de destino.
¿Cando solicitar esta mobilidade? Para solicitar esta mobilidade hai que ter superados un mínimo de 60 créditos e estar matriculado en 30 créditos.
¿Cales son as axudas económicas? A convocatoria de bolsas Séneca foi suspendida polo Ministerio de Educación dende o curso 2013-2014.
¿Onde podo atopar a información? Toda a información relativa á oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible na páxina dedicada aos programas nacionais de mobilidade de estudantes do sitio web da Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura e no ligazón de Intercambio
¿Qué ofrece a nosa Facultade? Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade para asesorar e asinar o acordo académico.
Universidade Autónoma de Madrid (CSEU La Salle)
Universidade Autónoma de Barcelona (Manresa)
Universidade de La Laguna
Universidade de León
Universidade Pública de Navarra
Universidade de Oviedo