Programa Stella


O programa Stella é un programa de mobilidade internacional que facilita e promove o intercambio de persoal non académico entre as universidades membro do Grupo Compostela de Universidades (CGU). Este programa ofrece oportunidades ao persoal administrativo de ampliar experiencia cultural e laboral. As mobilidades consisten en 1 ou 2 semanas de intercambio entre marzo e outubro, excluídos xullo e agosto.

A convocatoria da UDC para estadías dunha semana publícase, polo xeral, no mes de novembro e o prazo para enviar as solicitudes remata no mes de xaneiro.

Toda a información relativa á convocatoria pódese atopar na páxina web da Oficina de Relación Internacionais, na sección Información para PAS.