Que é o acceso aberto?
Movemento internacional para promover o acceso libre e sen restricións á literatura científica e académica.
A tipoloxía de documentos que podemos atopar no acceso aberto é moi variada: monografías, artigos de revista, teses, informes, patentes, normas, conferencias, comunicacións e carteis presentados a congresos, imaxes, obxectos de apredizaxe, datos de investigación, documentos audiovisuais, etc.
Autoras e autores teñen dúas vías paralelas para publicar en acceso aberto:
- "Ruta dourada": publicación en revistas científicas de acceso aberto. Os artigos quedan dispoñibles sen restricións desde a súa publicación.
- "Ruta verde": autoarquivo por parte de autoras e autores de traballos de investigación en repositorios institucionais de libre acceso.
RUTA DOURADA: REVISTAS
Para recuperar documentos publicados en revistas de acceso aberto poderemos utilizar as seguintes fontes, que funcionan coma metabuscadores de ciencia aberta.
 |
DOAJ Portal de revistas OA que abarca todas as áreas do coñecemento, dende as ciencias exactas ata as humanidades, en todos os idiomas. |
 |
Open Science Directory Directorio de revistas en acceso aberto que ofrece acceso a 13.000 revistas. |
 |
Redalyc: Rede de revistas científicas de América Latina, España y Portugal. |
 |
Latindex: "portal de portais" proporciona acceso aos contidos e textos completos de revistas académicas dispoñibles en hemerotecas dixitais de América Latina, o Caribe, España e Portugal, adheridas ao movemento de acceso aberto. |
 |
E-revistas: A Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas e Latinoamericanas e-Revistas é un proxecto impulsado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas. |
RUTA VERDE: REPOSITORIOS
Un repositorio é un arquivo dixital de produtos intelectuais xestionado por un organismo ou institución. O seu obxectivo é poñer a disposición da sociedade e das persoas que investigan a produción científica para o seu beneficio mutuo. O repositorio institucional da UDC é o RUC que ofrece acceso aberto ao texto completo de documentos creados polos membros da UDC no seu labor de investigación e docencia.
Existen, ademáis dos repositorios institucionais, outros específicos de teses, dunha área do coñecemento (temáticos) ou os chamados "orfos", xa que neles calquera persoa pode depositar o seu traballo.
 |
TDR: repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses de doutoramento lidas nas universidades de Catalunya e outras comunidades autónomas. A consulta das teses é de libre acceso e podemos realizar a procura no texto completo, autor/a, director/a, título, palabras clave, universidade e departamento no que se teña lido, ano de defensa, etc. |
 |
E-Prints Complutense: Arquivo institucional en acceso aberto da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid para xestionar la documentación dixital froito da actividade dos seus docentes, investigadores e dos grupos de investigación validados pola UCM. |
 |
RECERCAT (depósito de investigación de Cataluña): |
 |
OpenAIRE (Open Access Infraestructure for Research in Europe). Proporciona ferramentas para o depósito das publicacións financiadas pola UE; mecanismos de acceso eficiente a todas as publicacións OA da Unión Europea; soporte en liña para os investigadores que depositan as súas publicacións de investigación; estruturas de apoio para os administradores de repositorios; información sobre as políticas de acceso aberto e as prácticas para investigadores e institucións de investigación. |
 |
Open Access Theses & Dissertations. |
 |
Recolecta, producido polo FECYT e Rebiun, permite a busca simultánea en todos os repositorios científicos españois. |
 |
Investigo: repositorio institucional da Universidade de Vigo |
Polo que se refire a educación debemos destacar os REA (Recursos Educativos en Aberto), OER en inglés.
 |
Moitos deles se poden localizar a través do buscador OER commons: |
 |
Procomún creado polo Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF). Nel hai material didáctico para o currículo de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, |
 |
Learning Resource Exchange (LRE), proxecto realizado co apoio dos Ministerios de Educación de Europa. |
 |
Open Education Europa, que ofrece acceso a todos os recursos educativos abertos de Europa en diferentes idiomas. Utilidade tanto para docentes como para alumnado |
|
|
Tamén os buscadores científicos realizan a súa procura no aberto, como o fai o portal Dialnet.
Dialnet é un dos maiores portais bibliograficos de acceso libre. Ofrece acceso á literatura científica hispana a través de Internet. Contido: referencias, artigos, teses doctorais, documentos de traballo e pre-prints, etc.