Audiolibros

 Igabrieln CC BY-SA 4.0

Existen multitude de plataformas nas que é posíbel a descargara, de xeito gratuíto e legal, de audiolibros. Moitas delas con aplicación para dispositivos móbeis. Michael Kozlowski indica algunhas das máis interesantes nun post subido ao blog Universo abierto.

Recomendamos, igualmente, a web Audiolibros en castellano, con 52 audiolibros subidos.

Unha das mellores, tal vez sexa, Libro total biblioteca dixital gratuita con máis de 45.000 títulos entre literatura, imaxes e música, cuia misión é recuperar o patrimonio cultural da humanidade hispanofalante. App para Android e IOS.

Finalmente ofrecemos aquí algunhas outras opcións:

LIBRIVOX

Obras de dominio público en USA. 486 libros en español.

IVOOX

Podcasts, radio á carta e en directo, audio series, relatos, conferencias e moito más.

BIBLIOTECA CERVANTES

É preciso ser asociarse á biblioteca electrónica. A alta é individual e persoal, non se ofrece a entidades. O importe por carnet é de 12€ (tarifa única) e o seu período de vixencia 1 ano a partir da compra ou renovación.


FONOTECA BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES

A Fonoteca facilita o acceso a destacadas obras do patrimonio cultural do ámbito hispano en formato sonoro. É un repositorio especialmente pensado para personas con discapacidades visuais. Presenta enlaces ás "voces" por autoría e títulos. Tamén permite a entrada a fichas catalográficas e webs de persoas autoras e intérpretes. Realizada en colaboración con diversas institucións e empresas radiofónicas, tamén está concebida para se converter nun "arquivo da palabra". Con tal fin estanse a recompilar grabacións sonoras de valor histórico e documental que esperamos ponñer pronto a disposición de usuarios e usuarias..

DESCARGACULTURA

900 libros gratuitos previo rexistro

BIBLIOTECA DIGITAL ONCE

Preciso ter afiliación á ONCE

BOOKSHARE

Os libros (en diversos idiomas) atópanse dispoñíbeis sgratuitamente para o uso de persoas cegas ou con dificultades visuais.

TIFLONEXOS 

Rexistro previo e demostrarmos a incapacidade

YOUTUBE

Tamén aquí podemos escoitar audiolibros.

GaliciaLe

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:

Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.