Bases de datos científicas

 

 

 Que son as bases de datos?

Son conxuntos de información estruturada que fan referencia a outros documentos (artigos de revistas, teses, monografías, actas de congresos, documentos legais, datos estatísticos, normas…). Estes documentos poden estar simplemente referenciados na base de datos (unicamente datos identificativos, como o título, autor, data, revista no que aparece, etc. dun artigo) ou ben a texto completo. En ocasións ofrecen tesauros (índices de materias) elaborados. 

Podes consultar bases de datos gratuítas en Internet ou ben as bases de datos subscritas pola universidade de acceso restrinxido á rede de investigación da UDC. 

  • A Biblioteca da UDC ofrece unha ampla colección, con cobertura de todas as disciplinas que nela se imparten, e na nosa web podes ver as máis utilizadas nas áreas de ciencias da educación e psicoloxía.
  • Acceso: UDC, wifi UDC, acceso remoto (credencias da UDC)
  • En moitos casos permiten gardar as nosas buscas para utilizalas posteriormente, algunhas ofrecen servizos de alertas
  • Algunas bases de datos enlazan desde a referencia bibliográfica ao texto completo do documento
  • En ocasións ofrecen información complementaria sobre métricas de documentos e autoría.
 Lembra:
  • Moitas delas teñen o acceso limitado a ordenadores da rede de investigación da UDC. Deberás autentificarte, dende a web da biblioteca.
  • Non sempre é posible acceder ao texto completo dos documentos desde a propia base de datos
  • Se tes dúbidas sobre o manexo dalgunha delas podes consultar a selección de guías e videotitorias da Biblioteca ou ben solicitarnos unha sesión formativa sobre calquera delas.

 BASES DE DATOS MÁIS UTILIZADAS NAS DISCIPLINAS DA FACULTADE

Bases de datos en español


 

 

Bases de datos internacionais (inglés)

Multidisciplinares

 

Específicas

Eric

PsycInfo

Medline

 

Psycritiques

Psychology Database

 

Sport Discus

Linguistics and Language Behavior Abstracts (LLBA)

 

Education in chemistry

Proquest Dissertation&Abstracts

 

PILOTS

 

Literature on Line (LION)

Teacher Reference Center

 

 

Tamén podes consultar as seguintes bases de datos gratuítas específicas da área de Ciencias da Educación 

Redined: Red de Bases de Datos de Información Educativa: investigaciones, innovaciones, recursos y revistas ibero-americanas sobre educación, con enlaces ao documento en texto completo se está disponible. Indiza teses doctorais, investigacións, memorias de innovación, literatura gris e publicacións periódicas. Libre acceso.

Leda: Base de datos de disposicións e normativas de carácter xeral. Disposiciónss en materia educativa do Estado e das Comunidades Autónomas, desde 1980. Elaborada polo MEC. Inclúe documentos a texto completo. Consultable en castelán. Libre acceso. Última actualización maio 2011.

EURYBASE: Base de datos de la red de educación que recoge información acerca de los sistemas educativos de los paises de la UE. La información está en inglés y en la lengua propia de cada país. Forma parte del portal EURIDYCE
Lengua de consulta: Inglés. Libre acceso.

Educ@ment: referencias bibliográficas de publicaciónss periódicas sobre educación e psicoloxía. Realizado pola Universitat Rovira i Virgili. En catalán.

REDUC: Red Latinoamericana de Información y Documentación en Educación. Resúmenes analíticos de informes de investigación, experiencias educativas innovadoras, informes de organismos técnicos nacionais e internacionais e memorias de encontros científicos no campo da educación dos países de América Latina e Caribe. Permite procuras por categorías ou busca libre.