Bibliografía recomendada

Anualmente o persoal da Biblioteca revisa a bibliografía recomendada das diferentes titulacións para proceder a súa adquisición.

Este material docente pode ser recoñecido no catálogo pola ubicación do exemplar, xa que o nome da biblioteca onde está este vai seguido do termo Bib Rec.

 

 

 

Por outra banda, na páxina do catálogo existe un apartado denominado Bibliografía recomendada dende onde se accede a todas as obras recomendadas na aula. A procura pódese facer ben polo nome da materia ou ben polo nome do profesor ou profesora.

 

 

Os exemplares que son bibliografía recomendada teñen un préstamo similar ao dos demais libros da colección.