Buscadores científicos

O Google Académico é un buscador de literatura científica e académica lanzado por Google en 2006. Permítenos facer unha procura nos documentos que están en acceso aberto, así como en fontes de distintas institucións que conteñen información relevante e de calidade: universidades, editoriais, revistas, bibliotecas ou bases de datos especializadas que non son de pago. Ten unha ampla cobertura: monografías, capítulos de libros, teses, artigos, informes, traballos académicos e científicos, comunicacións e actas de congresos, recensións e páxinas web. Un estudo recente (Martín-Martín, Orduna-Malea, Thelwall ey López-Cózar, 2018), indica que Google Scholar "indiza prácticamente todo lo cubierto por WoS (95%) y por Scopus (92%)", a lo que engade "cobertura extra de un 37% de citas únicas de más", en todas as áreas do coñecemento. É de carácter multidisciplinar e internacional. Recuperamos referencias bibliográficas, resumes, citas e en moitas ocasións o texto completo.

  • Lingua da plataforma: Selección de lingua.
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: Procura simple e procura avanzada. Permite a utilización de operadores booleáns, parénteses, “” e *.
  • Filtros: Ofrece opcións de limitar por data, relevancia e idioma. 
  • Exportar resultados: Nas opcións de configuración podemos elixir a opción de formato bibliográfico para exportar os resultados a un xestor bibliográfico (BibTex, EndNote, RefMan ou Refworks). Se eliximos Refworks nos permitirá facer a exportación directa de cada documento. Das opcións de Save to Refwors, Save to Mendeley ou exportación a Zotero, a que mellor vai é a de Mendeley. Tamén podemos gardar os resultados en carpetas na “nosa biblioteca”.
  • Métricas: ofrece as citas dos documentos en Google Scholar.
  • Análise de resultados: non ofrece opción de analizar os resultados da procura.
  • Outras funcionalidades: Recupera todas as posibles versións do documento. Para cada resultado ofrece documentos relacionados. Se temos unha conta en google podemos configurar un perfil de autor/a e ver o noso índice H, agregar os documentos da nosa autoría e crear listaxes de favoritos. Permite crear alerta das buscas. Ofrece un modelo de cita en distintos estilos, no que se inclúe o da APA.
  • Utilidade: Localización de documentos de moitas tipoloxías, en multitude de linguas (fronte ao dominio anglosaxón nas bases de datos científicas), acceso a moitos textos completos e opción de ver as citas de documentos de todas as áreas do coñecemento. Permite ver artigos relacionados. Podemos copiar unha cita rápida (ollo!, ás veces non é correcta)
Martín-Martín, A., Orduna-Malea, E., Thelwall, M., e López-Cózar, E. D. (2018, August 14). Google Scholar, Web of Science, and Scopus: a systematic comparison of citations in 252 subject categories. https://doi.org/10.1016/j.joi.2018.09.002
Dialnet é un dos maiores portais de difusión da produción científica do mundo. Especializado en documentos científicos e académicos do eido hispánico, das áreas de ciencias sociais, xurídicas e humanidades. Comezou en 2001 da man da Universidad de la Rioja e hoxe a súa base de datos é alimentada polo traballo en colaboración de moitas institucións académicas. Indiza monografías, revistas científicas, recensións, actas de congresos e teses de España, Portugal e América Latina. Ten xa máis de 6 millóns de rexistros.
  • Lingua da plataforma: Selección de lingua entre múltiples opcións, nas que se atopa o galego, éuscaro e catalán.
  • Linga de busca: Calquera dos idiomas utilizados nos documentos que recolle, mais ao dominar o español entre os documentos é a mellor opción.
  • Opcións de busca: Procura simple e procura avanzada (esta opción na versión Plus, institucional). Permite a utilización de operadores booleáns, parénteses, “” e *.
  • Filtros: tipo de documento, materia, texto completo, data, descritores, países e idioma
  • Exportar resultados: Ofrece opción directa para exportar a Refworks, RIS, BibTex ou texto plano. Tamén podemos utilizar as opcións de captura web dos xestores bibliográficos Refworks, Mendeley ou Zotero.
  • Métricas: Non ofrece métricas dos documentos, pero si das revistas.
  • Análise de resultados: non ofrece opción de analizar os resultados da procura.
  • Outras funcionalidades: Se estamos identificados na nosa conta podemos crear alertas e, coa opción Plus, crear listaxes de referencias.
  • Utilidade: Localización de documentos en español, portugués, galego, ou outras linguas fóra do eido anglosaxón dominante noutras fontes. Dá acceso a moitos textos completos.
1findr é un buscador e plataforma de descuberta da empresa canadiana 1Science. Creada en 2015 e en continua evolución. Cobertura multidisciplinar e internacional (todos os idiomas e países). Ten unha versión gratuíta e outra de pago institucional. A de pago indexa tamén bases de datos científicas. Ten 90 millóns de rexistros, todos eles revisados, dos que aproximadamente 27 millóns están en acceso aberto.
  • Lingua da plataforma: inglés / francés
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: Simple, nunha caixa. Permite utilizar operadores booleáns, parénteses, “” e *
  • Filtros: Podemos refinar os resultados por data, tipo de acceso, materia e autor. Permite ordenar por relevancia ou data.
  • Exportar resultados: Ofrece varios formatos de exportación: RIS, Zotero, Refworks, BibTex, CSV e TSV. Na versión gratuíta non exporta directamente a ningún.
  • Métricas: Enlaza con Almétrics e tamén proporciona mencións nas redes sociais.
  • Análise de resultados: só na versión de pago.
  • Outras funcionalidades: Se o documento está en libre acceso ofrece o enlace.
  • Utilidade: Unha ferramenta coa que podemos complementar resultados obtidos noutras similares, xa que os documentos que indiza están revisados por pares.
LENS é unha plataforma aberta de procura científica creada por Cambia International Property Resouce e Queensland University of Technology. Comezou os seus primeiros pasos en 1999. Actualmente ten máis de 100 millóns de rexistros. Podemos buscar patentes e literatura científica, e en cada caso amosa as citas da outra opción. Toma os datos de PubMed, Crossref, Microsoft Academic, así como de oficinas de patentes de todo o mundo.
  • Lingua da plataforma: Selección de lingua (inglés, español, francés, árabe ou chinés).
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada. Podemos filtrar resultados por lingua. 
  • Opcións de busca: Ofrece dúas opcións: busca en patentes ou en literatura científica. Ten procura simple e procura avanzada. Permite a utilización de operadores booleáns, parénteses, “”, ? e *. Tamén conta cunha procura estruturada tanto na opción de patentes como na científica. É posible buscar por multitude de campos. Ofrece titoriais de axuda.
  • Filtros: data, relevancia, autor, materia, tipo de publicación, fonte ou idioma, entre outros.
  • Exportar resultados: permite exportar a un arquivo de datos bibliográficos: RIS, BibTex, JSON ou CSV. É preciso ter creada unha conta e gardados os resultados previamente nunha carpeta (recopilación). Tamén funciona correctamente o exportador web de Mendeley desde a páxina de resultados. Non funciona co exportador web de Refworks. 
  • Métricas: ofrece as citas de patentes e citas académicas a través de Microsoft Academic.
    Análise de resultados: Analiza os resultados por autoría, título e campo de estudo.
  • Outras funcionalidades: Proporciona API para reutilización de datos. Podemos crear e compartir coleccións de patentes e de documentos científicos. Permite crear unha conta e enlazala con Orcid e LinkedIn.
  • Utilidade: Moi interesante para a procura de patentes, mais tamén é útil como buscador científico. Para acadar o maior rendemento é preciso crear unha conta.
  Dimensions é unha plataforma de investigación científica, buscador de patentes e ferramenta de descuberta, multidisciplinar, creada por Digital Science en 2018. Recompila patentes, artigos, proxectos de investigación ou ensaios clínicos, de todos os países, materias e linguas. Dada a súa ampla cobertura (89 millóns de documentos na versión gratuíta nos comezos) e as funcionalidades que ofrece podería competir con Scopus e Google Scholar. Ten unha versión gratuíta e dúas de pago. 
  • Lingua da plataforma: inglés
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: operadores booleáns, parénteses, comiñas e *
  • Filtros: data, investigador/a, área de investigación, tipo de publicación, fonte, revista, open access. Ofrece varias analíticas.
  • Exportar resultados: A procura pódese exportar a arquivos CSV ou XLSX (excell), e de xeito individual en formato BibTex e RIS. Dende cada rexistro é posible a exportación directa a Refworks, Mendeley ou Zotero, desde a ferramenta do navegador. Tamén a podemos gardar nunha carpeta nos favoritos.
  • Métricas: Citas nas publicacións indexadas en Dimensións e citas en Almétrics. Indica a Ratio de Citación Relativa (RCR), a Ratio de Citación por Campo (FCR), en base ás citas doutros documentos da mesma área, e o número de citas recentes (nos últimos 2 anos).
  • Análise de resultados: Analiza os resultados por autoría, título e campo de estudo.
  • Outras funcionalidades: Permite o acceso ao perfil dos autores e das publicacións dende a ventá de análise de datos. Ten varias opcións para ordenar os resultados, sendo unha delas as Almétricas, que nos permite saber cal dos documentos obtivo maior número de mencións. Podemos gardar os resultados a través de ReadClube. As opcións de pago permiten crear conta e gardar procuras e os resultados. Tamén, con esta opción, podemos realizar procuras por país e institucións.
  • Utilidade: Ferramenta interesante para procuras de información científica e de patentes dada a súa ampla cobertura, desde 1665 ata hoxe, algo que é superior, por exemplo, a Web of Science.
  • Para máis información: Orduña-Malea, Enrique; Delgado-López-Cózar, Emilio (2018). “Dimensions: re-discovering the ecosystem of scientific information”. El profesional de la información, v. 27, n. 2, pp. 420-431. 
Mendeley é unha ferramenta que nos permite xestionar as nosas referencias bibliográficas, pero tamén realizar procuras en literatura científica e académica, e colaborar con colegas en liña. Ten aplicación web e de escritorio, sendo a web a utilizada para as procuras bibliográficas e de datos de investigación. Ten unha base de datos de máis de 100 millóns de documentos. Foi creada en 2007 e hoxe pertence ao grupo Elsevier.
  • Lingua da plataforma: Permite seleccionar lingua.
  • Lingua de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: Busca simple. Permite utilizar operadores booleáns, parénteses, comiñas e *. Podemos facer procuras en documentos, datos de investigación e tamén en ofertas de emprego e posibilidades de fondos de investigación. A busca realízase entre os documentos subidos por máis de 3 millóns de usuarias e usuarios que ten hoxe a plataforma.
  • Filtros: non ofrece filtros.
  • Exportar resultados: ao propio xestor, á nosa conta, despois poderemos exportalos a Refwoks, Zotero ou nun formato RIS ou BibTex.
  • Métricas: número de lectores, número citas en Mendeley
  • Análise de resultados: Non ofrece páxina de análise de resultados.
  • Outras funcionalidades: Ofrece tamén os códigos de localización en bases de datos: Scopus, ArXiv, Doi, ISBN, ISSN, entre outros). Ofrece artigos relacionados.
  • Utilidade: Ás veces podemos atopar documentos subidos por usuarias/os do xestor que non estean publicados noutro lugar (traballos académicos). Ao ser tamén xestor bibliográfico podemos incorporar directamente as referencias á nosa base de datos. Podemos buscar tamén fondos e bolsas de investigación, traballo, grupos de investigación e colegas que traballen na nosa área, sendo tamén unha rede social científica.
Iseek é un motor de busca de todo tipo de información, en calquera medio. Busca en recursos de universidades, prensa, redes sociais, vídeos, sitios gobernamentais, etc. Ofrece catro opcións: na rede (prensa e redes sociais), médica (Pubmed), Educación (universidades, revistas, libros, vídeos ou imaxes) e financeira.
  • Lingua da plataforma: Inglés.
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: operadores booleáns, parénteses, comiñas e *
  • Filtros: tipo de documento, fonte, tema, materia, data de publicación ou localización.
  • Exportar resultados: non ofrece opcións desde o sistema. Non se poden capturar con Mendeley, Refworks nen Zotero.
  • Métricas: Non
  • Análise de resultados: Non ofrece páxina de análise de resultados.
  • Outras funcionalidades: No caso dos libros ofrece os resultados da busca en cada unha das páxinas, dun xeito similar a google books.
  • Utilidade: para procuras nas redes ou en medios non buscables por outras ferramentas (vídeos, imaxes...).
BASE é un dos maiores motores de busca do mundo. Creado pola Biblioteca da Bielefeld Universität, ofrece máis de 120 millóns de documentos de carácter internacional e multidisciplinar, dos que un 60% están en acceso libre.
  • Lingua da plataforma: Podemos seleccionar entre varias opcións: inglés, alemán, francés, español, polaco, grego, ruso ou chinés.
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada. Lingua da plataforma: Podemos seleccionar entre varias opcións: inglés, alemán, francés, español, polaco, grego, ruso ou chinés.
  • Linga de busca: Calquera idioma, os resultados corresponderanse coa lingua utilizada.
  • Opcións de busca: Ten procura simple e avanzada. Na simple podemos utilizar operadores booleáns, parénteses, comiñas e *, e a podemos limitar a autor, título, materia ou ampliala a todo o documento. A avanzada inclúe multitude de campos e límites. Tamén temos a opción dun browsing por DDC (Dewey Decimal Classification), tipo de documento ou licencia de acceso.
  • Filtros: autor, materia, DDC, ano de publicación, provedor de contido, lingua, tipo de documento e licencia.
  • Exportar resultados: Ofrece opcións de crear arquivos de datos bibliográficos en distintos formatos (Refworks, EndNote, RIS ou BibTex). Tamén de exportación a arquivos de intercambio de datos (MARC, RDF, RTF, JSON, XAML). Podemos capturar as referencias con Zotero e, desde cada rexistro, co exportador directo de Refworks. Non funciona co exportador de Mendeley.
  • Métricas: Non ofrece métricas.
  • Análise de resultados: Non ofrece páxina de análise de resultados.
  • Outras funcionalidades: Permite enlazar co perfil de Orcid e exportar as publicacións. É posible gardar a busca e crear alertas RSS. Podemos enviar os resultados ou calquera documento por correo electrónico. Ten opción de crear listas de favoritos. Ofrece enlace a Google Scholar.
  • Utilidade: Para atopar información da web profunda (como páxinas dinámicas que non adoitan ser rastrexadas por outros buscadores). Se a nosa intención é reutilizar algún tipo de información ou documento, temos, con esta ferramenta, a posibilidade de filtrar os resultados por aqueles que teñan licencia que o permite.

Recursos similares:

Existen unha serie de recursos similares, que poden ser utilizados para complementar as procuras, entre eles están os buscadores que ofrecen redes sociais de investigación como Academia.edu ou ResearchGate; o buscador SciELO, especializado en produción científica de Latinoamérica e o Caribe, que está tamén accesible dende WOS (Web of Science); buscadores de editoriais científicas como SpringerLink ou ScienceDirect; buscadores científicos como Science-reserach, Redalyc para ciencia aberta de Lationoamérica ou CrossRef, Ingenta connect para publicacións universais; recolectores de produción científica como Recolecta para repositorios españois ou CORE e OpenAIRE para ciencia abierta de todo o mundo. Finalmente, algunhas plataformas comerciais como Springer, Elsevier, Taylor &Francis, Emerald ou Jstor, ofrecen opcións de procura entre os seus productos e, no caso de contar cunha subscripción institucional, teremos acceso a algúns textos completos. Accede dende a web da biblioteca da UDC aos portais das distintas editoras de recursos electrónicos.