Os catálogos son coleccións de rexistros bibliográficos de diferentes documentos: libros, cedés, revistas, vídeos ou mapas. Describen unidades físicas, mais non adoitan facer baleirado dos contidos de monografías nin de revistas Permiten: describir-buscar/recuperar-reunir-localizar a información: Fundamentais para a procura de material monográfico. Os libros (monografías) constitúen un instrumento de primeira necesidade para a investigación: Cando precisamos localizar un documento nunha biblioteca universitaria acudiremos ao seu catálogo e, se queremos ampliar a procura a un número maior de institucións, utilizaremos os catálogos colectivos. Catálogo da BUDC CRUNIA (buscador integrado): reúne os fondos da Biblioteca Universitaria da Coruña. Podes consultar a súa guía de uso. Catálogo da Biblioteca Universitaria de Santiago: imprescindible para información sobre Galicia REBIUN: catálogo colectivo da Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas españolas. fondos de 74 bibliotecas universitarias e de investigación españolas. Worldcat: trátase do maior catálogo do mundo, creado en 1971 por OCLC (Online Computer Library Center), que inclúe os catálogos de máis de 71.000 bibliotecas de todo o mundo, entre elas a da UDC. Videotitorial en inglés