CITACIÓN XUSTA A investigación científica realizada por mulleres ten sido invisibilizada de forma reiterada en moitas disciplinas, como tamén o foi e continúa a ser a realizado por outros grupos marxinados. Neste senso, debemos chamar a atención sobre como a forma en que citamos ou referenciamos pode contribuír a insistir sobre unha epistemoloxía dominante masculina, occidental e branca ou ben, a valorizar o traballo de todos os grupos sub-citados e, por tanto, sub-representados na ciencia e no mundo académico; non esquezamos que os índices de citas contan para avaliar a investigadoras e investigadores. Por tanto, é de suma importancia que utilicemos unha citación xusta que inclúa unha óptica de xénero para corrixir os desequilibrios presentes ao longo da historia da ciencia (Female Empowerment Maastricht University [FEM], 2022). Baixo as capas epistemolóxicas agóchanse aspectos fundamentais como o é: quen pode falar ou quen ten autoridade científica? Igualmente, o emprego dunha linguaxe inclusiva é baseal para dar visibilidade ao traballo das autoras. Se nun documento académico ou científico só presentamos os apelidos e todos eles van citados co uso xenérico do determinante, substantivo e pronome masculino semella que estamos ante autores dese xénero: “varios autores teñen sinalado que... (Rodríguez, García e Pérez, 2022)”. Nestes casos tamén podemos optar, especialmente se nas referencias o estilo utiliza inicial, por nomear as persoas que citamos nunha cita narrativa. Así, na guía de boas prácticas da UM Citation guide [FEM, 2022] presenta dous moi bos exemplos onde se ve claramente a diferencia, ambos coa utilización do estilo de citas de Chicago: Salientamos aquí, alén da guía referida da Maastricht University, a adaptación que a UOC realizou do estilo APA, onde, co visto bo da American Psychological Association, engaden o nome completo nas referencias bibliográficas (2021). Debemos ter en conta que o estilo APA é un dos máis utilizados nas ciencias sociais e utilizarmos esta adptación facilita a visibilidade das autoras na investigación e no mundo académico. Exemplo de referencia bibliográfica conforme a adpatación da UOC: Apelidos de autor/a, INICIAL/S. [Nome de pila]. (Ano de publicación). Título do artigo: Subtítulo. Título da revista en cursiva, volume en cursiva(número), número de páxina inicial–número de páxina final. • EXEMPLO Garita, R. [Renato]. (2010). Modelos y teorías computacionales de la memoria humana: Un estado de la cuestión y análisis crítico. Revista Educación, 34(2), 75–94. Na UDC contamos con algunha revista da que utiliza o estilo Chicago (Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, Actas de Arquitectura Religiosa Contemporánea [AARC], Anuario da Facultade de Dereito da UDC. Revista xurídica interdisciplinar internacional ou BAc Boletín Académico. Revista de Investigación y Arquitectura Contemporánea) e outras que incorporan unha adpatación do estilo APA para que os artigos leven o nome de pía nas súas referencias (Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas, Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Revista Galega de Filoloxía ou ROTUR. Revista de ocio y turismo), nalgúns casos cunha especificación de que a razón é por contribuír a unha epistemoloxía feminista. A BUDC conta cunha equipa de traballo en igualdade que asesora, entre outras, en cuestiones relacionadas cunha citación xjusta. Podes preguntar na túa biblioteca.
Como podemos favorecer esa de-construción da epistemoloxía dominante na elaboración das nosas citas?
Sara Ahmed (2017, 14) suggests that “feminism is at stake in how we generate knowledge; in how we write, in who we cite”.
Challenging traditional citation practices and what they mean for how we write has been discussed by several feminist authors (Ahmed 2017; McKittrick 2021).