A Biblioteca está subscrita a unha serie de recursos electrónicos que nos permiten recuperar a referencia de multitude de documentos e, en moitas ocasións, o texto completo dos mesmos.
Bases de datos en español
Bases de datos internacionais (inglés)
Tamén podes consultar as seguintes bases de datos gratuítas específicas da área de Ciencias da Educación
Redined: Red de Bases de Datos de Información Educativa: investigacións, innovacións, recursos e revistas ibero-americanas sobre educación, con enlaces ao documento en texto completo se está dispoñible. Indiza teses doctorais, investigacións, memorias de innovación, literatura gris e publicacións periódicas. Libre acceso.
Leda: Base de datos de disposicións e normativas de carácter xeral. Disposicións en materia educativa do Estado e das Comunidades Autónomas, desde 1980. Elaborada polo MEC. Inclúe documentos a texto completo. Consultable en castelán. Libre acceso. Última actualización maio 2011.
EURYBASE: Base de datos da rede de educación que recolle información acerca dos sistemas educativos dos paises da UE. A información está en inglés e na lingua propia de cada país. Forma parte do portal EURIDYCE.
Lengua de consulta: Inglés. Libre acceso.
Educ@ment: referencias bibliográficas de publicacións periódicas sobre educación e psicoloxía. Realizado pola Universitat Rovira i Virgili. En catalán.
REDUC: Red Latinoamericana de Información y Documentación en Educación. Resúmenes analíticos de informes de investigación, experiencias educativas innovadoras, informes de organismos técnicos nacionais e internacionais e memorias de encontros científicos no campo da educación dos países de América Latina e Caribe. Permite procuras por categorías ou busca libre.