 |
TESTS
- Un test é un instrumento experimental que ten por obxectivo avaliar unha característica psicolóxica específica.
- A Biblioteca dispón dunha Docimoteca con tests de Psicoloxía e Pedagoxía. A súa signatura é TX-.
- Pódense atopar os tests buscando no Catálogo por autor, título ou signatura. Para consultalos é preciso solicitalos no mostrador de préstamo.
- Polas súas características, e por motivos deontolóxicos, os tests teñen unha Normativa de préstamo propia.
- Tanto no momento do préstamo como da devolución, o persoal da Biblioteca comprobará que o test conta con todos os seus elementos.
- Existen unhas directrices internacionais básicas para o uso dos tests, elaboradas orixinalmente pola Comisión Internacional de Test (ITC), que se poden consultar na páxina web do Consejo General de la Psicología de España.
|