A biblioteca pódese utilizar libremente por calquera persona, aínda que non forme parte da comunidade universitaria. Actualmente, debido a que o fondo non está en libre acceso (precaución por covid-19) deberá solicitar calquera documento que desexe consultar no mostrador de entrada. No seu uso hai que respectar o disposto na Carta de dereitos e deberes de usuarios e usuarias da Biblioteca da UDC, onde un dos deberes é: "Contribuír a manter un contorno adecuado e silencioso, evitando calquera actividade que perturbe a lectura, a consulta e o estudio. Coidar os equipamentos e instalacións". A consulta das revistas faise de xeito prioritario na hemeroteca, a cal dispón de 8 postos de lectura. Porén, durante o tempo que dure a pandemia será obrigado facelo nos postos xerais habilitados para consulta. Xa que as revistas non poden levarse en préstamo, as copias dos artigos poden facerse no escáner ubicado na propia hemeroteca (precísase unha memoria USB) ou ben na fotocopiadora que se atopa na sala Xohana Torres (hai que mercar unha tarxeta en Reprografía). Hai determinadas obras que son de consulta obrigada na biblioteca, pois non se prestan: dicionarios, enciclopedias, kit, teses, fondo de libro antigo e revistas. Tamén existen monografías excluídas do préstamo; identifícanse porque a etiqueta coa signatura é vermella e porque no catálogo o tipo de préstamo é Consulta na sala.