Para termos visibilidade científica é importante ter un nome normalizado polo que calquera persoa nos poida buscar nas diferentes fontes de información. De non ser así poderiamos chegar a ter unha multiplicidade de sinaturas e a nosa produción estaría dispersa. É recomendábel a utilización dun nome bibliográfico único para todas as nosas publicacións. Polo que se refire á filiación, seguiremos a normativa da UDC: Máis información na web da Biblioteca Universitaria. As recomendacións para establecermos o número de autores ou autoras que asinan un traballo varían nas diferentes áreas do coñecemento, se ben en humanidades son habituais os traballos dunha única autoría, en ciencia e tecnoloxía abundan aqueles de autoría moi extensa. O Grupo de Investigación EC3 creou unha plataforma con recomendacións por as áreas. Existen varios sistemas dixitais que favorecen a desambiguación dos nomes de autoría; neles podemos crear unha conta, obter un identificador persistente e vinculado á nosa produción científica. (Open Researcher and ContributorID) é un proxecto aberto, global e sen ánimo de lucro, de colaboración entre varias institucións científicas (universidades, institutos de investigación, editoriais científicas…) que proporciona un identificador único (p.e. orcid.org/0000-0003-4452-2751) e persistente para autoras e autores do ámbito científico e académico, así como API que permiten a comunicación con outros sistemas de información. Como sincronizar Pubblons con Orcid? Vídeo de como procurar e reclamar o noso “aythor reciord” en WOS e analizar as nosas publicacións (16 abril 2020) NORMALIZACIÓN DA SINATURA E FILIACIÓN INSTITUCIONAL
Esta sinatura debe ir acompañada das nosa filiación institucional, que tamén debe estar normalizada para evitar duplicidades.
O noso nome normalizado debe ser único, identificarnos. e diferenciarnos do resto, así como ser estábel. A sinatura científica non ten que coincidir coa do DNI ou pasaporte.
Algunhas recomendacións da Fecyt e Iralis:
NÚMERO DE PERSOAS QUE ASINAN UN TRABALLO
Algo similar ocorre no que se refire á orde da sinatura. Temos dúas casuísticas:
IDENTIDADE DIXITAL
As principais plataformas son: ORCID, Pubblons de Web of Science (WoS), Author ID de Scopus, Dialnet ID e Google Scholar Citations.ORCID
É aceptado por organizacións e editoriais como Elsevier, Thomson-Reuters, CrossRef, Springer, Wiley, etc. O identificador ORCID pódese sincronizar con BD bibliográficas e bibliométricas como Scopus ou Web of Science tanto para capturar rexistros nosos xa indexados como para exportar desde ORCID. A estas avantaxes podemos engadir que ás veces podemos asinar artigos de revistas co noso nº Orcid, así como as solicitudes de financiación ou o CV do Fecyt.
Máis información.
PUBBLONS vs WEB OF Science Researcher-ID
ResearcherID é un código identificador de investigadores vinculado á Web of Science. Esta plataforma deixa de existir o 15 de abril de 2019 e todos os perfís públicos contidos en www.researcherid.com pasan a formar parte de Publons. Todas as ligazóns existentes nas antigas contas de ResearcherID foron redirixidos a un novo perfil de Publons.
Pubblons
Plataforma gratuíta que nos permite crear un rexistro e obter un identificador unívoco, Worsid. Podemos acceder desde Web of Science ou ben entrando na web da propia plataforma.
Facilita:
Máis información na páxina de axuda da plataforma.
SCOPUS-ID
Produto de Elsevier para a normalización dos nomes de investigadores. Permite asignar un identificador a todas/os autores/as que teñen documentos indizados en Scopus. Permite sincronizar con Orcid.
GOOGLE SCHOLAR CITATIONS
Producto de google. Para ter un perfil só é preciso ter unha conta de google e a partir de aí poderemos engadir as nosas publicacións. Permítenos ver o noso índice h e índice i10.
Máis información
DIALNET ID
Todos os autores e autoras que teñen publicacións en Dialnet contan cun identificador único e unha páxina de autor/a onde están recollidas todas aquelas publicacións incorporadas neste portal científico. Ofrece a nosa filiación, enlace ás citas en Dialnet métricas e permite incorporar enlace a outros perfiles e páxinas web.
O perfil créase automaticamente. Se queremos dar de alta as nosas publicacións en Dialnet ou precisamos facer algunha modificación na súa páxina de autor temos que solicitalo na biblioteca do seu centro.