A Biblioteca continúa coa súa labor de alfabetización en competencias informacionais e dixitais para o desenvolvemento de habilidades no uso da información por parte de toda a comunidade universitaria. Para o alumnado, esta alfabetización suporá a capacitación identificar as súas necesidades, localizar, acceder e avaliar á información relevante de forma crítica. Entendemos como Competencias informacionais o conxunto de capacidades que permiten ás persoas recoñecer cando precisan a información, buscala, xestionala, avaliala e comunicala adecuadamente. Trátase de capacidades necesarias para a aprendizaxe ao longo da vida e imprescindibles para a inserción e utilización no mundo laboral. Entre estas competencias están:
- Recoñecermos a natureza e nivel de necesidade de información
- Accedermos á información de modo eficaz e eficiente
- Avaliarmos criticamente a información obtida e as súas fontes o Comunicar a información
- Usarmos a mesma de forma ética e legal
- Na creación de estratexias para a aprendizaxe, a Biblioteca ten como obxectivos principais:
- Potenciar a utilización dos recursos de información dos que dispón a través das diferentes plataformas.
- Ser un elo da cadea universitaria que contribúe a xerar e compartir coñecemento.
- Contribuír á innovación docente como soporte da actividade investigadora.
- Potenciar a utilización de estándares abertos, aumentando o depósito no Repositorio institucional (RUC).
- Xornada de portas abertas para novo alumnado (setembro)
- Kit de ferramentas básicas para a elaboración dun traballo académico (virtual. 4 módulos. Varias sesións entre outubro e marzo)
- Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica (1ª convocatoria en outubro-novembro / 2ª convoactoria en febreiro-marzo)
- Como buscar e usar a información para elebarar a tese de doutoramento (Biblioteca + Cufie)
- Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación (Biblioteca + Cufie)
- Seminario especial sexenios: Procurar índices de gradación e indicios de calidade nas achegas para a convocatoria de 2020. O seminario compleméntase con citas individuais para elaboración de informes. Novembro 2020.
- Igualmente, ofrecemos un servizo de asesoramento á investigación personalizado e individual para quen nolo solicite (publicar con impacto, normalización da sinatura e filiación institucional, crear perfil de investigador/a en diferentes plataformas - OrciD, Pubblons, ResearchGate, Mendeley...-, avaliación da produción científica, xestión de datos de investigación, depositar documentos no repositorio institucional RUC, uso ético e legal da información, etc.). SOLICITA A TÚA CITA.
Todos os públicos
- Cafés informativos
- Formacións á carta, nalgunha base de datos específica ou xestor bibliográfico, na utilización de ferramentas de xestión de imaxes, de creación de presentacións dinámicas, creación de videotitoriais…
A Biblioteca dispón de material de auto-formación na plataforma Moodle, á que poderá acceder calquera persoa da comunidade universitaria que o solicite. Igualmente, existe información na páxina web con video-titoriais, infografías, presentacións e guías sobre os recursos principais.
As sesións virtuais serán realizadas a través da plataforma Teams.
Pódesnos seguin na nosa canle de Vimeo.