Durante o mes de outubro e novembro realizaranse cursos formación alumnado de primeiro de Grao en aula (PAT). Podes descargar aquí a presentación utilizada.
Deixmos auí unha pequena guía amodo de presentación dos nosos recursos e servizos-
Como acceder aos nosos recursos?
Todo o alumnado da UDC, é usuario de pleno dereito da Biblioteca, en calquera dos seus puntos de servizo.
Identificación: a Biblioteca utiliza a Tarxeta Identificativa da Universidade (TIU) como carné de usuaria/o, pero non é responsable da súa xestión. Mentres non teña a tarxeta, pódese facer uso da Biblioteca presentando o DNI, sempre que estea dado de alta na base de datos da Universidade (Darse de alta). En caso de perda ou extravío da tarxeta, pode solicitala de novo na Oficina Universitaria (tel. 981 296 387 ou ext. 2359). Se tivese o Servizo 4B Maestro, cancélea en calquera oficina do Banco Santander ou no tel. 902 242 424.
A Biblioteca da UDC consta dunha Biblioteca Central (no ed. Xoana Capdevielle) e bibliotecas de centro distribuídas entre os diferentes campus e centros da Coruña e Ferrol. Alén diso conta con 3 salas de estudo: 1 campus de Ferrol, outra ed Xoaa Capdevielle e outra en Riazor.
Funcionamos como una única Biblioteca o que implica:
• Podes utilizar calquera biblioteca e todos os seus servizos, independientemente de onde realices os teus estudos
• Solicitar documentos de calquera delas, a través do catálogo e portal CRUNIA
• Devolver os documentos en calquera delas
A Biblioteca da nosa Facultade está distribuída en dous andares. A meirande parte do fondo bibliográfico atópase no andar -2. Podes consultar os planos da Biblioteca para ver onde está cada un dos seus espazos.
Buca simultánea en todos os rersos (papel e lectrónico) e en calquera das bibliotecas da UDC.
Adaptábel a dispositivos móbil
Buscador por voz
Múltiples filtros
Con identificación, podemos acceder ao noso perfil de usuaria/o e renovar, reservar, gardar documentos e buscas, acceder ao noso historial de busca e ao texto completo de multitude de documentos.
Temos opción de consultar a bibliografía recomendada por cada docente ou materia e ver se os exemplares están dispoíbeis na Biblioteca
PRÉSTAMO E CONSULTA EN SALA
A maior parte da colección da Biblioteca está en libre acceso. Excepcións: material antigo ou valioso, revistas e test
Se precisas consultar algunha revista deberás solicitala no mostrador. Dispoñemos dun scaner de man para o teu uso
Podes renovar os teus libros por internet (rexistro de usuaria/o), presencialmente ou por teléfono.
ACCESO Á BIBLIOTECA DIXITAL (RECURSOS ELECTRÓNICOS)
A Biblioteca conta con gran número de recursos electrónicos: revistas, libros e bases de datos. Podes acceder a todos eles desde casa.
É imprescindíbel que antes te conectes ao acceso remoto.
De precisares axuda sobre a utilización dos mesmos contacta con nós.
Un documento e coñecer a súa localización na biblioteca
Para procurar un documento (libro, revista, dvd, tese ou calquera outro tipo de material) e localizalo nos nosos andéis deberás utilizar o catálogo da Biblioteca. Nel poderás se o documento está na Biblioteca, se está disponible para préstamo, en que centro e en que andel está situado. Podes consultar a nosa guía e titorial de utilización do mesmo.
Bibliografía recomendada en cada materia
A Bibliografía recomendada está disponible nas guías docentes de cada materia mais tamén está accesible dende onde podedes coñecer a súa ubicación e dispoñiblidade. Inclúense os recursos electrónicos.
Documentos sobre un tema concreto
Existen multitude de recursos nos que podemos procurar información sobre un tema. A utilización dun ou outro dependerá do eido científico, da universialidade da busca, do tipo de material que precisamos, da lingua na que nos manexemos e da pericia que teñamos na procura. Na web da Biblioteca hai ampla información sobre cada un dos recursos disponibles. O que si deberás ter en conta é que xa estás “alén do google” e que o google xenérico xa non é a fonte a utilizar se o que precisamos é información académica e científica.
Ademais do catálogo serán moi útis dúas fontes, de acceso gratuíto, coas que poderás atopar información para calquera traballo de aula: Dialnet e Google Scholar.
No primeiro caso trátase dunha base de datos na que se indiza unha ampla tipoloxía de documentos científicos de España e Latinoamérica: artigos, teses, actas de congresos, libros e capítulos de libros. Céntrase en humanidades e ciencias sociais e xurídicas. Na mayoría dos casos podemos acceder ao texto completo dos mesmos. Nesta mesma canle podes consultar unha guía de utilización deste recurso.
Google Scholar é un buscador académico, que fai a procura en todo o acceso aberto. Localiza documentos de tipo académico e científico como artigos, teses, libros, reseñas, actas de congresos, patentes ou informes técnicos. Tira a información de editoriais, revistas en acceso aberto, repositorios institucionais e repositorios de preprints. Nesta mesma canle podes consultar unha guía de utilización deste recurso.
Se desexas localizar outras fontes para procurar información, na nosa páxina web ofrecémosche información e acceso a buscadores científicos e bases de datos especializadas.
Evitar o plaxio e citar correctamente
Sempre que realices un traballo académico debes evitar o plaxio e citar correctamente. Para iso debes tomar os datos da fonte que utilizas (autoría, título, revista, datos de publicación e data) e citalos correctamente, engadindo ao final do traballo as correspondentes referencias bibliográficas. É imprescindible citar calquera fonte (texto, imaxe, vídeo, táboa ou audio), sexa esta extraída de caqluera medio (impreso ou internet), recoñecendo así a autoría orxinal.
Para componer as citas e as referencias bibliográficas deberás seguir un estilo e norma específicas, o utilizado na área de Ciencias da educación é o estilo da APA. Na web da Biblioteca tes unha guía práctica da mesma.