A Biblioteca informará o usuario sobre a propia universidade, a biblioteca e os seus servizos e axudará a buscar información sobre calquera tema que sexa de interés para o usuario e a súa investigación. Tamén ofrece información sobre
- Dereitos e deberes dos usuarios.
- Organización da biblioteca.
- Busca e localización dos fondos documentais: Catálogo, Guía de uso.
- Acceso a Internet, buscadores, utilización de ferramentas da web social (blogs, wikis, flickr…).
- Utilización e consulta de recursos electrónicos (portais de información, revistas electrónicas, bases de datos).
- Utilización dos lectores de libro electrónico (e-readers).
- Xestión de citas bibliográficas e creación de bibliografías sobre un tema determinado.
- Lexislación estatal, autonómica e europea, con acceso ao BOE, DOG, BOP e o Diario Oficial da Unión Europea.
- Normas e patentes.
- Propiedade intelectual:
- Como conseguir maior visibilidade cos traballos científicos.
- Como crear alertas informativas (email e RSS).
- Como solicitar a compra dun libro. Se precisas algún libro que non teñamos na biblioteca podes solicitar a súa compra.
Ademais, a Biblioteca ofrece un servizo de buscas bibliográficas sobre unha materia determinada nos distintos recursos electrónicos subscritos. A solicitude pódese facer dende a páxina web do Servizo de biblioteca, enchendo o Formulario de contacto, persoalmente na biblioteca, por correo electrónico (educación.bib@udc.es) ou por teléfono (881 01 46 49). Lembra que é unicamente para trabalos científicos, non realizamos procuras para traballos de aula xa que forma parte das competencias a avaliar polo profesorado. Si ofrecemos cursos de formación para vos aprender a buscar e xestionar a información.
|