A nosa colección está formada por unha ampla selección de materiais bibliográficos dispoñibles en libre acceso nos dous andares da Biblioteca. Para localizalos é preciso consultar o
Catálogo dende calquera dos nosos ordenadores ou ben dende calquera ordenador ou dispositivo electrónico con acceso a Internet. Consulta aquí os
Planos coa distribución da colección dentro da Biblioteca.
 |
MONOGRAFÍAS
- Temos preto de 90.000 monografías en papel.
- Atópanse repartidas en diversas materias: P1 (Teoría e historia da educación), P10 (Psicoloxía social), EDF (Educación física, Deportes), S1 (Socioloxía), etc. Podes consultar aquí a lista completa das Materias.
- Dentro de cada materia, os libros ordénanse por números correlativos.
- Para buscar un libro, utiliza o Catálogo. Se precisas obras dunha materia determinada, tamén podes acudir directamente aos estantes.
- En cada estante aparece indicada a súa materia e a signatura correspondente.
|
 |
OBRAS DE REFERENCIA
- As enciclopedias e os dicionarios son obras de referencia ou de consulta rápida.
- Estas obras están excluídas do préstamo, é dicir, só se poden consultar na biblioteca.
- A signatura dos dicionarios é DIC- e a das enciclopedias é EN-.
- Para localizalos hai que buscalos no Catálogo ou mirar directamente nos estantes correspondentes.
- Dentro de cada materia pódense atopar tamén dicionarios ou enciclopedias temáticas, algunhas das cales pódense levar en préstamo.
- Tamén existen enciclopedias electrónicas como a Wikipedia ou Enciclonet, ambas gratuítas. Podes atopar outros recursos gratuítos na páxina web do Servizo de Biblioteca.
|
 |
VÍDEOS, CD-ROM, DVD
- A biblioteca dispón dunha colección de materiais audiovisuais en formato VHS (signatura VID-), CD-ROM (signatura DISC-) e DVD (signatura DVD-).
- Todos se atopan no primeiro andar da Biblioteca. Os vídeos hai que solicitalos no mostrador de préstamo, os CD-ROM atópanse na sala Chano Piñeiro e os DVD na Hemeroteca.
- Pódense atopar consultando o Catálogo ou ben mirando nos estantes.
- Estes materiais pódense levar en préstamo. Os CD-ROM e os DVD tamén se poden consultar nos ordenadores da Biblioteca.
|
 |
KIT
- Un kit é un conxunto de diferentes materiais que se complementan e que se presentan xuntos en caixas ou carpetas. Poden estar compostos por cadernos de fichas, etiquetas adhesivas, mapas, xogos, etc.
- A súa signatura é KIT- é atópanse na sala María Barbeito, no primeiro andar da Biblioteca.
- Non se poden levar en préstamo.
|
 |
TESES
- As teses son traballos orixinais de investigación e, en xeral, inéditos, é dicir, non están publicados. Por iso non se poden levar en préstamo. Tampouco poden ser obxecto de reprodución (fotocopia, escaneamento, fotografía), agás con consentimento expreso do autor.
- As que temos na biblioteca teñen a signatura TES- e atópanse na sala de proceso técnico.
- Tras localizalas no Catálogo (por autor, título ou signatura), deben solicitarse no mostrador de préstamo.
- O noso repositorio institucional RUC ofrece o acceso aberto ao texto completo das teses redactadas por PDI da UDC. Pódense buscar polo autor, o título, a materia ou entrando na colección Investigación.
- Na páxina web do Servizo de Biblioteca hai outros enlaces de busca de Teses de doutoramento, tanto españolas como internacionais.
|
 |
LIBRO ANTIGO
- A biblioteca conta cun fondo de libro antigo, que reúne documentos publicados antes de 1950, con anterioridade ao Depósito Legal.
- Atópanse nun depósito situado na sala Xohana Torres, na planta baixa da Biblioteca.
- Para consultalos hai que buscalos no Catálogo e solicitalos no mostrador de préstamo.
- Polas súas características, estes libros non se poden levar en préstamo.
|