Por mor da situación actual de inseguridade e incerteza ante o covid-19, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación utilizará, prioritariamente, a modalidade virtual para as súas formacións en competencias dixitais durante o curso 2020-21. Estas serán complementadas con obradoiros para un público reducido e asesoramento individual.
Se a situación o permite, as sesións individuais e de grupos reducidos (seminarios para PDI ou cafés(in)formativos) serán presencias, no entanto, sempre contemplaremos a opción virtual como alternativa.
A Biblioteca dispón de material de auto-formación na plataforma Moodle, á que poderá acceder calquera persoa da comunidade universitaria que o solicite. Igualmente, existe información na páxina web con video-titoriais, infografías, presentacións e guías sobre os recursos principais.
As sesións virtuais serán realizadas a través da plataforma Teams.
ESTRATEXIAS PARA INCREMENTAR A VISIBILIDADE E O IMPACTO DOS RESULTADOS DA INVESTIGACIÓN
|
Virtual (Moodle) + presencial/virtual (Teams)
Curso en colaboración co CUFIE. 12 horas (8 h. teóricas en liña e 4 h presenciais
Obxectivos:
- Motivar ao profesorado a ter unha presenza profesional activa na rede que reflicta de forma precisa as súas actividades de investigación.
- Promover o uso de boas prácticas á hora de crear unha identidade inequívoca como autor e investigador.
- Informar ao PDI dos recursos específicos para a creación de perfís identificativos que faciliten a súa visibilidade nas bases de datos e na rede.
- Facilitar ao PDI estratexias para a visibilidade das súas publicacións científicas.
- Traballar de forma práctica na creación de perfís e estratexias de visibilidade nos obradoiros.
Contidos:
- A Identificación de autor/a: nome e filiación
- A publicación científica
- A publicación e o acceso aberto. O repositorio institucional da UDC (RUC)
- Plataformas sociais e redes científicas
ABRIL E MAIO 2021
SEMINARIO ESPECIAL SEXENIOS: PROCURAR ÍNDICES DE GRADACIÓN E INDICIOS CALIDADE NAS ACHEGAS PARA A CONVOCATORIA DE 2020
|
Presentación dispoñíbel
Virtual
Seminario focado ao PDI que quere solicitar o recoñecemento de sexenios. Tamén é útil para quen precise avaliación da ANECA ou ACSUG. O seminario compleméntase con citas individuais de apoio e elaboración de informes.
Obxectivos
- Coñecermos os criterios de avaliación da CNEAI nas diferentes áreas de coñecemento para a concesión de sexenios
- Familiarizármonos cos diferentes índices de gradación utilizados para a avaliación científica
- Aprendermos na procura de índices de gradación para publicacións periódicas e monografías nas distintas fontes
- Sermos quen de extraer un informe de citas das nosas publicacións
- Procurarmos indicios de calidade para as nosas publicacións
- Coñecermos as pautas para encher a solicitude
Contidos:
- CRITERIOS DA CNEAI PARA A CONVOCATORIA 2020
- Revistas con Índices de Calidade Relativa (ICR) e onde procuralos
- Índice de impacto - JCR
- SJR- Scopus
- Índice H
- SNIP, Cite Score, IPP
- Índices de gradación para revistas españolas: Dialnet Métricas, Scielo Citation Index
- Revistas sen ICR: Indicios de calidade
- Monografías: ICR e indicios de calidade. SPI
- Procurar citas dos nosos documentos
- Almétricas
- Consellos
Data: NOVEMBRO 2020
