Para acceder a este servizo, hai que presentar a Tarxeta de persoa usuaria (ou DNI ou pasaporte) que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no punto 2 das Normas de Préstamo. Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de seren prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderanse consultar unicamente na biblioteca (punto 4 das Normas de préstamo). O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración deste varía segundo o tipo de situación académica en que se atope: PRÉSTAMO INTERCENTROS As persoas usuarias poden solicitar en préstamo os fondos doutras bibliotecas da UDC sen necesidade de se desprazar. Poden solicitar este servizo na biblioteca do centro á que pertencen. As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio. Unha vez chegue o documento, este reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase, se non se recolleu a reserva, á biblioteca prestataria o terceiro día. Recibirán un correo electrónico cando o libro chegue á biblioteca. DEVOLUCIÓN (DEMORA, PERDA E PENALIZACIÓN) Os libros prestados poden devolverse en calquera das bibliotecas da UDC, entregándoos nos mostradores de préstamo correspondentes. Por cada día de demora na devolución e por cada libro acumularanse días de penalización (deméritos) no rexistro da persoa usuaria. Se se perde a obra en préstamo é preciso poñerse en contacto coa dirección da biblioteca ao que pertenza a mesma. LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS A Biblioteca de Ciencias da Educación conta ademais con 10 lectores de libros electrónicos para levar en préstamo. Descargue aquí a normativa de uso e o impreso de solicitude de préstamo. Para máis información consulte a Guía de préstamo ou acuda ao persoal da Biblioteca. O préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña, aprobadas pola Comisión da Biblioteca Universitaria o 17 de novembro de 2008.
TIPO DE SITUACIÓN ACADÉMICA
OBRAS
DÍAS
Estudantado de grao, 1.º e 2.º ciclo e senior; PAS
10
10
Estudantado de doutoramento
35
21
Estudantado de másteres, proxecto de fin de grao ou fin de carreira
15
21
PDI, profesorado visitante
100
Curso
Persoal bolseiro de investigación e persoal investigador contratado
35
Curso
persoas autorizadas externas
3
10