No estado actual de pandemia, estanse a producir no marco do Espazo Europeo de Educación Superior grandes cambios en relación coa docencia e a investigación que amplían o uso da aprendizaxe virtual e a investigación en rede.
A Biblioteca continúa coa súa labor de alfabetización en competencias informacionais e dixitais para o desenvolvemento de habilidades no uso da información por parte de toda a comunidade universitaria. Para o alumnado, esta alfabetización suporá a capacitación identificar as súas necesidades, localizar, acceder e avaliar á información relevante de forma crítica. Entendemos como Competencias informacionais o conxunto de capacidades que permiten ás persoas recoñecer cando precisan a información, buscala, xestionala, avaliala e comunicala adecuadamente. Trátase de capacidades necesarias para a aprendizaxe ao longo da vida e imprescindibles para a inserción e utilización no mundo laboral. Entre estas competencias están:
- Recoñecermos a natureza e nivel de necesidade de información
- Accedermos á información de modo eficaz e eficiente
- Avaliarmos criticamente a información obtida e as súas fontes o Comunicar a información
- Usarmos a mesma de forma ética e legal
- Na creación de estratexias para a aprendizaxe, a Biblioteca ten como obxectivos principais:
- Potenciar a utilización dos recursos de información dos que dispón a través das diferentes plataformas.
- Ser un elo da cadea universitaria que contribúe a xerar e compartir coñecemento.
- Contribuír á innovación docente como soporte da actividade investigadora.
- Potenciar a utilización de estándares abertos, aumentando o depósito no Repositorio institucional (RUC).
Por mor da situación actual de inseguridade e incerteza ante o covid-19, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación utilizará, prioritariamente, a modalidade virtual para as súas formacións en competencias dixitais durante o curso 2020-21. Estas serán complementadas con obradoiros para un público reducido e asesoramento individual.
Se a situación o permite, as sesións individuais e de grupos reducidos (seminarios para PDI ou cafés(in)formativos) serán presencias, no entanto, sempre contemplaremos a opción virtual como alternativa.
A Biblioteca dispón de material de auto-formación na plataforma Moodle, á que poderá acceder calquera persoa da comunidade universitaria que o solicite. Igualmente, existe información na páxina web con video-titoriais, infografías, presentacións e guías sobre os recursos principais.
As sesións virtuais serán realizadas a través da plataforma Teams.
ALUMNADO DE TFG E TFM
COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN ACADÉMICA
|
 |
Formación virtual que se complementa con contidos en Moodle. Consiste na realización de tres módulos dunha hora de duración cada un. Finalizada a sesión de formación común abrirase un espazo en que o alumnado poderá consultar as súas dúbidas, así como solicitar asesoramento sobre o tema do seu traballo.
O alumnado será quen de:
- Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, avaliando a súa finalidade e relevancia para a realización do TFG.
- Navegar, buscar e filtrar a información, datos e contidos dixitais
- Avaliar a información, datos e contidos dixitais con espírito crítico
- Xestionar a información, datos e contidos dixitais utilizando xestores bibliográficos.
- Utilizar as TICs para a creación, comunicación e publicación da información.
- Usar xestores bibliográficos para citar e crear bibliografías.
- Crear presentacións dinámicas e pósters utilizando programas da rede.
- Facer uso ético da información e evitar o plaxio.
- Coñecer os dereitos de autor/a e licencias
- Utilizar imaxes con licencia da rede
- Citar e referenciar utilizando o estilo APA
Presentación del curso
|
Presentación do curso
MÓDULO 1. A PROCURA DE INFORMACIÓN. ACCESO AO TEXTO COMPLETO
- Normativa. Onde atopar TFG xa presentados.
- Onde e como buscar a información
- Analizarmos a necesidades de información
- Seleccionarmos as fontes
- Estratexia de busca
- Avaliación da información
- Da cita ao texto completo
MÓDULO 2. XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN. REFWORKS. REDACCIÓN DO TFG. EVITARMOS O PLAXIO. ESTILO APA. A DEFENSA
- Evitarmos o plaxio
- Elaboración de citas e referencias bibliografía. O estilo APA
- Obtención de imaxes copyleft
- Axudas do SNL
- Publicación no RUC
- Ferramentas útiles utilizando as TICs
- Presentacións dinámicas
- Pósters
ALUMNADO DE DOUTORAMENTO
COMO BUSCAR E USAR A INFORMACIÓN PARA ELABORAR A TESE DE DOUTORAMENTO. Inscripción no Cufie
|
Virtual (Moodle) + presencial/virtual (Teams)
Curso en colaboración co CUFIE. 12 horas (6 h. teóricas en liña e 6 h presenciais .
Obxectivos e competencias:
- Coñecer os servizos que a biblioteca ofrece ao alumnado de doutoramento para axudarlle na súa investigación e na elaboración da súa tese de doutoramento.
- Citar correctamente as fontes consultadas na elaboración da tese de doutoramento e usar xestores de referencias bibliográficas para organizalas.
- Identificar, localizar e usar os principais recursos de información que ofrece a biblioteca, particularmente aqueles especializados nas áreas de coñecemento onde desenvolven a súa investigación.
- Facilitar estratexias para realizar buscas de información avanzadas e poder avaliar a información obtida.
- Coñecer as boas prácticas para a busca, uso e a xestión dos datos de investigación.
- Coñecer os pasos para incorporar a tese de doutoramento en acceso aberto no Repositorio da Universidade da Coruña (RUC).
Contidos:
Bibliografía e xestores bibliográficos.
- As citas e as referencias bibliográficas.
- Os xestores bibliográficos.
Busca de información
- Definir as necesidades de información.
- As fontes de información.
- Que se publicou sobre un tema? : as buscas, as bases de datos e plataformas de recursos electrónicos .
A xestión dos datos da investigación empregados na tese.
- Definición e ciclo de vida dos datos.
- Plan de xestión de datos.
- Como atopar datos de investigación
A presentación, arquivo e difusión da tese de doutoramento.
- Recomendacións para a presentación da teses de doutoramento.
- Arquivo e difusión da tese de doutoramento en acceso aberto no Repositorio Institucional.
- A visibilidade das teses de doutoramento da UDC.
Infómate na biblioteca
educacion.bib@udc.es
881 014649