Formación de usuarias e usuarios

No estado actual de pandemia, estanse a producir no marco do Espazo Europeo de Educación Superior grandes cambios en relación coa docencia e a investigación que amplían o uso da aprendizaxe virtual e a investigación en rede.

A Biblioteca continúa coa súa labor de alfabetización en competencias informacionais e dixitais para o desenvolvemento de habilidades no uso da información por parte de toda a comunidade universitaria. Para o alumnado, esta alfabetización suporá a capacitación identificar as súas necesidades, localizar, acceder e avaliar á información relevante de forma crítica. Entendemos como Competencias informacionais o conxunto de capacidades que permiten ás persoas recoñecer cando precisan a información, buscala, xestionala, avaliala e comunicala adecuadamente. Trátase de capacidades necesarias para a aprendizaxe ao longo da vida e imprescindibles para a inserción e utilización no mundo laboral. Entre estas competencias están:

  • Recoñecermos a natureza e nivel de necesidade de información
  • Accedermos á información de modo eficaz e eficiente
  • Avaliarmos criticamente a información obtida e as súas fontes o Comunicar a información
  • Usarmos a mesma de forma ética e legal
  • Na creación de estratexias para a aprendizaxe, a Biblioteca ten como obxectivos principais:
  • Potenciar a utilización dos recursos de información dos que dispón a través das diferentes plataformas.
  • Ser un elo da cadea universitaria que contribúe a xerar e compartir coñecemento.
  • Contribuír á innovación docente como soporte da actividade investigadora.
  • Potenciar a utilización de estándares abertos, aumentando o depósito no Repositorio institucional (RUC).

Por mor da situación actual de inseguridade e incerteza ante o covid-19, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación utilizará, prioritariamente, a modalidade virtual para as súas formacións en competencias dixitais durante o curso 2020-21. Estas serán complementadas con obradoiros para un público reducido e asesoramento individual.

Se a situación o permite, as sesións individuais e de grupos reducidos (seminarios para PDI ou cafés(in)formativos) serán presencias, no entanto, sempre contemplaremos a opción virtual como alternativa.

Consulta o noso plan de formación para o curso 2020-2021. Podes escoller entre diversas opcións:

Alumnado de grao

  • Xornada de portas abertas para novo alumnado (setembro)
  • Kit de ferramentas básicas para a elaboración dun traballo académico (virtual. 4 módulos. Varias sesións entre outubro e marzo)

Alumnado de TFG e TFM

  • Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica (1ª convocatoria en outubro-novembro / 2ª convoactoria en febreiro-marzo)

Alumnado de doutoramento

  • Como buscar e usar a información para elebarar a tese de doutoramento (Biblioteca + Cufie)

PDI

Todos os públicos

  • Cafés informativos
  • Formacións á carta, nalgunha base de datos específica ou xestor bibliográfico, na utilización de ferramentas de xestión de imaxes, de creación de presentacións dinámicas, creación de videotitoriais…

A Biblioteca dispón de material de auto-formación na plataforma Moodle, á que poderá acceder calquera persoa da comunidade universitaria que o solicite. Igualmente, existe información na páxina web con video-titoriais, infografías, presentacións e guías sobre os recursos principais.

As sesións virtuais serán realizadas a través da plataforma Teams.

Pódesnos seguin na nosa canle de Vimeo.