Pombo é fotógrafo e doutorando en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña, exerce labores de xestión cultural ligadas ao ámbito académico e artístico desde 2010. Como docente, actualmente imparte aulas no ensino secundario, así como no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora da Coruña, logo dunha etapa no eido universitario. Finalista en certames internacionais de prestixio como o NPAF do goberno dos Estados Unidos ou o Premio Ruta de la Plata, a Universidade da Coruña acolle estes fragmentos dun retrato xeracional que forman parte da colección Negrume e do primeiro libro publicado polo autor. Máis información sobre Alberto Pombo e a súa obra: http://albertopombo.com/ Alberto Pombo, fotógrafo multifacetado: «A comunicaçom é umha constante no que fago». (11 de abril 2014). [post de blog] Disponíbel en http://www.pglingua.org/noticias/entr evistas/6227-alberto-pombofotografo-multifacetado-lacomunicacom-e-umha-constante-noque-fagor Revista Palavra Comum entrevista ao fotógrafo galego Alberto Pombo - [Entrevista] http://palavracomum.com/entrevista-ao-fotografo-galego-alberto-pombo/
Até finais de febreiro podedes ver, na Sala Xohana Torres, a exposición fotográfica “Canción do escuro”, un traballo de Alberto Pombo (Loureda, A Coruña – 1985), que transita polos mundos da noite a través dunha lectura xeracional narrada en primeira persoa.
Programador cultural do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Extremadura e coorganizador do Festival Internacional de Fotografía Visions, foi tamén fundador e codirector da galería especializada en fotografía Sala Sal.
Como fotógrafo ten publicado o libro Autorretrato no selo “Amor de madre” e participado en exposicións individuais e colectivas dentro e fóra da Galiza, desde 2012, compaxinando esta faceta artística con traballos comerciais para moda e publicidade.