Blog

10/03/2020


Normas APA 7ª edición


En outubro de 2019 publicouse a 7ª edición en inglés das normas APA. Non se sabe cando será a súa publicación en español. Con esta nova versión chega tamén un cambio na web, que incorpora unha guía de estilo (normas APA e JARS - Journal Article Reporter Standars) moi práctica e algúns recursos útiles.


A Biblioteca ofréceche esta guía.


 

Os cambios máis significativos son analizados en profundidade por Aparicio e Codina (2019):



  • Eliminación do lugar de publicación

  • Non é preciso engadir o texto "Recuperado de" antes da url.

  • Non debemos poñer o tipo de versión (Kindle, pdf) nos libros electrónicos.

  • Os dois van cunha url de doi https://doi.org/10.1891/0889-8391.22.4.366, non como antes DOI:

  • Podemos incluír até 20 atoras/es nunha referencia bibliográfica.

  • Engádense pautas para citar os novos documentos multimedia, con moitos exemplos.

  • Flexibilidade para escoller tipo de fonte no texto (Calibri 11, Arial 11, Lucida Sans Unicode 10, Times New Roman 12 y Georgia 11)

  • Capítulo específico para linguaxe inclusiva.

  • Inclúe unha nova sección dedicada ás JARS, unha guía de boas prácticas na investigación científica, os estándars a seguir na elaboración de artigos científicos.


Aparicio, D. (2019). Normas APA 7.ª edición: 12 cambios que debes conocer. Recuperado de https://www.psyciencia.com/12-cambios-normas-apa-7-edicion/

Codina, L. (2019). Normas APA y JARS en versión digital: estándares para una comunicación académica efectiva e inclusiva. Recuperado de https://www.lluiscodina.com/normas-apa/


Algunhas universidades latinoamericanas xa realizaron guías das novas normas en español. A seguir unha guía da Universidad Central de Colombia:


Moreno, Deixa e Carrillo, Javier (2020). Normas APA 7ª edición. Guía de citación y refrenciación. Disponíbel en https://www.ucentral.edu.co/sites/default/files/inline-files/guia-normas-apa-7-ed-2019-11-6.pdf