Blog

02/04/2020


Plataforma E-Libro. Subscripción e formacións

A Biblioteca Universitaria ven de subscribir un novo acceso á plataforma de libros electrónicos eLibro. Para obter un mellor coñecemento sobre o seu manexo dende a compañía ofrecen dúas sesións formativas, a primeira dirixida ao PDI da universidade e a segunda para o estudantado. As sesións celebraranse mediante a ferramenta Zoom e, para acceder, só é necesario premer no enlace que nos proporcionan e activar o audio para poder escoitar a presentación.


Sesión para PDI:


Día e hora: venres 3 de abril, á 1.00 PM


Enlace a Zoom: https://zoom.us/j/257939717


Sesión para o alumnado:


Día e hora: luns 6 de abril, ás 12.00 PM


Enlace a Zoom: https://zoom.us/j/692639081