Blog

12/05/2020


Próxima apertura da Biblioteca ao público

 










 


 


A nosa Biblioteca continuará pechada ao público na semana do 11 ao 17 para traballos de preparación das instalacións e desinfección. A partir do lúns 18 está previsto que poidades acceder a ela e utilizar o servizo de préstamo a domicilio. Comunicarémosvos as condicións que deberedes seguir para manter as normas de seguridade. 

Lembrade que continuamos a ofrecer servizos en liña:



  • Consulta sobre os nosos recursos

  • Solicitude de procuras bibliográficas para a realización de TFG, TFM ou traballos de investigación.

  • Acceso fontes de información electrónica (bases de datos, revistas, libros...)

  • Servizo de préstamos interbibliotecario de documentos en formato electrónico.

  • Formacións nos diferentes recursos subscritos pola Biblioteca.

  • Asesoramento á investigación (onde publicar, crear perfís de investigador/a, avaliación da produción científica, propiedade intelectual, depositar no RUC, entre outros)


Tedes máis información na nosa web e na web da Biblioteca Universitaria.


Podedes facer consultas e solicitudes ben por teléfono 881014643 881014649 como por correo electrónico educacion.bib@udc.gal.

Agardamos poder abrir canto antes as nosas portas físicas.