Blog

25/05/2020


A Biblioteca entra na fase 2









 

Entramos na fase 2 da desescalada e a Biblioteca avanza con ela. Nesta nova fase:


  • Continuades a ter que utilizar máscara para entrar na Biblioteca

  • Ampliamos o horario de atención ao público: de 10 a 14 horas pola mañán  e de 16 a 20 horas pola tarde. 

  • Aínda non disponibilizamnos os postos de lectura para estudo, porén xa os poderedes utilizar para consulta en sala.

  • Tampouco podedes acceder ao fondo, mais si solicitarnos os documentos a levar e nós volos collemos.


 



Os nosos servizos son: 



  • Cita previa para préstamos, decíndonos  as signaturas e primeiras palabras do título dos documentos que queredes levar. Lembrade que só podedes pedir documentos disponíbeis buscándoos no catálogo. Non se poden facer reservas de libros prestados.



  • Cita previa para devolucións. 



  • Novo servizo con cita previa:   consulta en sala para ver na biblioteca documentos excluídos de préstamo. Tedes que decirnos as signaturas e primeiras palabras do título dos documentos que queredes, ou ben o número, volume e ano da revista e nos dirémosvos onde vos podedes sentar. 


 

En breve poderedes facer as vosas solicitudes de citas previas na páxina web da biblioteca, onde xa veredes as horas que hai libres para os distintos servizos. Informarémosvos por correo electrónico. Polo de agora as citas previas serán por correo electrónico, co título CITA PREVIA.

 

Finalmente, decirvos que  os préstamos que estaban para hoxe, 25 de maio, foron renovados automaticamente até o 22 de xuño. Lembrade que segundo vaiades devolvendo, podedes levar novos documentos en préstamo.