Blog

26/08/2020


Plan de formación para alumnado de Grao, TFG, TFM e PDI 2020-2021

A Biblioteca continúa coa súa labor de alfabetización en competencias informacionais e dixitais para o desenvolvemento de habilidades no uso da información por parte de toda a comunidade universitaria.

Por mor da situación actual de inseguridade e incerteza ante o covid-19, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación utilizará, prioritariamente, a modalidade virtual para as súas formacións en competencias dixitais durante o curso 2020-21. Estas serán complementadas con obradoiros para un público reducido e asesoramento individual.

Se a situación o permite, as sesións individuais e de grupos reducidos (seminarios para PDI ou cafés(in)formativos) serán presencias, no entanto, sempre contemplaremos a opción virtual como alternativa.




Consulta o noso plan de formación para o curso 2020-2021. Podes escoller entre diversas opcións:




Alumnado de grao



  • Xornada de portas abertas para novo alumnado (setembro)

  • Kit de ferramentas básicas para a elaboración dun traballo académico (virtual. 4 módulos. Varias sesións entre outubro e marzo). Comezamos no mes de outubro: módulo 1 (13/10), módulo 2 (16/10), módulo 3 (19/10) e módulo 4 (3/11)


Alumnado de TFG e TFM



  • Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica (1ª convocatoria en outubro-novembro / 2ª convocatoria en febreiro-marzo). Comezamos no mes de outubro: 


Módulo 1 (tarde). A procura de información. Acceso ao texto completo (17de novembro de 16 a 17 h)

Módulo 1 (mañá). A procura de información. Acceso ao texto completo (18 de novembro de 10-11)

Módulo 2 (tarde). Xestión e organización da información. Refworks. Redacción do tfg. Evitarmos o plaxio. Estilo apa. A defensa (19 de novembro de 16-17.30)

Módulo 2 (mañá). Xestión e organización da información. Refworks. Redacción do tfg. Evitarmos o plaxio. Estilo apa. A defensa (20 de novembro de 10 a 11.30)

 


Alumnado de doutoramento



  • Como buscar e usar a información para elebarar a tese de doutoramento (Biblioteca + Cufie)


PDI



  • Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación (Biblioteca + Cufie)

  • Seminario especial sexenios: Procurar índices de gradación e indicios de calidade nas achegas para a convocatoria de 2020. O seminario compleméntase con citas individuais para elaboración de informes. Novembro 2020.


Todos os públicos



  • Cafés informativos

  • Formacións á carta, nalgunha base de datos específica ou xestor bibliográfico, na utilización de ferramentas de xestión de imaxes, de creación de presentacións dinámicas, creación de videotitoriais…


A Biblioteca dispón de material de auto-formación na plataforma Moodle, á que poderá acceder calquera persoa da comunidade universitaria que o solicite. Igualmente, existe información na páxina web con video-titoriais, infografías, presentacións e guías sobre os recursos principais.


As sesións virtuais serán realizadas a través da plataforma Teams.


Pódesnos seguin na nosa canle de Vimeo.