Debido á inseguridade e incerteza ante a covid-19, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación utilizará, prioritariamente, a modalidade virtual para as súas formacións en competencias dixitais durante o curso 2020-21. XORNADAS “KIT DE SUPERVIVENCIA NO GRAO” (MÓDULOS DE 1 HORA) Plataforma Teams
Podes consultar o noso plan de formación para o curso 2020-2021 e escoller entre distintas opcións.
Nestas xornadas axúdase ao alumnado de Grao a acadar as destrezas e competencias de información necesarias para a realización dun traballo académico. Apréndeselles a procurar a información nas fontes axeitadas, organizala nun xestor bibliográfico e evitar o plaxio citando e referenciando conforme o estilo da APA. Igualmente, aspectos relacionados co traballo en grupo e a defensa.