Blog

23/09/2020


Servizos da Biblioteca covid-19

Comeza o curso e na Biblioteca estamos preparadas para ofrecervos todos os servizos que precisedes.

1. PRÉSTAMO ou CONSULTA EN SALA


Sempre con RESERVA e CITA PREVIA. Non está permitido acceder aos fondos


2. FORMACIÓNS A MEDIDA EN LIÑA.


Comezamos en outubro, elixe e reserva xa a túa praza 


3. AXUDA NA INVESTIGACIÓN


Podes solicitar axuda para procuras de información, elaboración de referencias bibliográficas (APA), axuda na utilización de recursos electrónicos, asesoramento na investigación, xestión de datos ou creación de informes para convocatorias de sexenios, entre outras. Envíanos un correo a educacion.bib@udc.gal ou chámanos ao número 881 01 4649.


4. RECURSOS ELECTRÓNICOS


Ofrecemos unha ampla variedade tanto de revistas como de libros en formato electrónico. Podes acceder a todos eles desde a páxina web da Biblioteca. Lembra que se estás fóra da UDC debes utilizar o acceso remoto.