Blog

02/10/2020


Formacións para alumnado de TFG e TFM








TFG e TFM: Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica 


Formación virtual que se complementa con contidos en Moodle. Consiste na realización de dous módulos de hora e hora e media de duración. Finalizada a sesión de formación común abrirase un espazo en que o alumnado poderá consultar as súas dúbidas, así como solicitar asesoramento sobre o tema do seu traballo. Aprenderase ao alumnado a procurar información en fontes nacionais e internacionais, utilizar un xestor bibliográfico para crear citas e referencias conforme o estilo APA, facer uso ético da información e evitar o plaxio, aspectos básicos da defensa e coñecer diferentes ferramentas para realizar unha presentación. 


Inscrición nos cursos de TFG ou TFM.


Pódese consultar máis información sobre o contido de cada módulo na web da Biblioteca