Blog

15/10/2020


Acceso á Biblioteca, préstamo, postos de lectura e salas de traballo en grupo







PRÉSTAMO

Para levardes exemplares en préstamo xa non é precisa cita previa porén, si facer reserva no catálogo. Podes consultar a nosa guía e vídeo de como facer unha reserva.

1. Facedes reserva

2. Agardadess correo indicando que xa podemos acudir á Biblioteca para recollelo

ACCESO A BIBLIOTECA

Ao entrardes na Biblioteca, tedes que pasar SEMPRE polo mostrador para identificarvos, e seguir as indicacións do persoal. É obrigatorio o uso da máscara durante todo o tempo que permanezas na Biblioteca.

A cita previa, continúa, mais non é imprescindíbel, para solicitar un posto de lectura. Se pasades pola biblioteca e queredes estudar, podedes preguntar no mostrador se hai prazas libres, e no caso de ser así, pasaredes ocupar un dos asentos . Mais coa cita previa tedes garantida unha praza reservada. Ver asentos libres non significa que non teñan unha reserva, xa que as reservas son por catro horas. Por favor, seguide en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. A nosa finalidade é que a biblioteca sirva ás máis persoas posíbeis dentro da situación na que estamos.

Unha novidade é que abrimos ao público dende o venres 16 de outubro dúas salas de traballo en grupo. Para un máximo de catro persoas en cada sala. O sistema é igual que os postos de lectura. Con cita previa tedes garantido o espazo. Nese caso, unha das persoas do grupo será quen faga a reserva.

Tamén a partir do 16 de outubro podedes utilizar un dos ordenadores da Sala Elvira Bao. Pretendemos que o seu uso sexa puntual, non debedes usalos para cousas que leven máis dun tempo aproximado de 15 minutos. É en beneficio de toda a comunidade universitaria.

Na biblioteca tedes xel hidroalcólico e hixienizante. Antes e despois de usar o ordenador e o posto de lectura debedes hixienizar o posto. O persoal de limpeza fai o seu labor, mais non pode haber unha persoa para limpar cada vez que se usa un posto. Deste xeito, mirando cada persoa pola súa propia seguridade, axudámonos entre todas e todos a compartir espazos.