Blog

22/10/2020


Coloquio con Suso de Toro (club de lectura Nébeda)

Hoxe, 22 de outubro, teremos a primeira sesión do curso do Club de lectura e encontros literarios Nébeda. Estará con nós (virtualmente, por mor da pandemia), Suso de Toro e falaremos arredor da súa obra Fóra de si. O coloquio será ás 16 horas e está dentro das actividades do Club de lectura Nébeda.


O encontro realizarase a través de Teams e pode asistir quen o desexe.