Blog

17/11/2020


Encontro literario con Rosalía Fernández Rial







O xoves ás 16 h teremos nova sesión literaria, nesta ocasión con Rosalía Fernández Rial. Falaremos sobre a súa obra Ningún amante sabe conducir. Podes ver información sobre a autora na web do club de lectura Nébeda. O encontro será a través da plataforma Teams. Deixamos aquí o enlace para quen queira asistir ao evento.