Blog

23/11/2020


Campaña Sexenios








Ante a proximidade da convocatoria para a solicitude de avaliación da actividade investigadora á CNEAI (sexenios), a Biblioteca, como cada ano,  ofrece asesoramento a todas aquelas persoas que o precisen. Podedes solicitar:



  • Asistencia ao seminario que se impartirá o venres 4 de decembro a través de Teams (10-12 h)

  • Asesoramento individual

  • Informe de índices de gradación e indicios de calidade das vosas achegas


Para todas ou calquera das opcións tedes habilitado un formulario de inscrición.