A ANECA realizou un encontro virtual con avaliadoras e avaliadores dos diferentes comités e esta sesión está gravada na canle de youtube da axencia. Deixamos aquín unhas FAQS tiradas a partir dese encontro. Tedes máis información na nosa web FAQS SOBRE A CONVOCATORIA DE SEXENIOS PARA Ciencias da educación e Psicoloxía. Para maior información consultar os vídeos creados por ANECA APLICACIÓN ADMINISTRATIVA · Onde está a aplicación parrealizar a solicitude? o Na web da CNEAI · Como podo acceder? o Pódese acceder con: DNI electrónico, firma dixital ou chave PIN · Se son persoal contratado como debo facer? o Elixir convocatoria para persoal contratado e seguir as instrucións da resolución da UDC (convenio) · Podo revisar ao final todos os datos antes de enviar? o Si, permite imprimir borrador cando rematemos e revisar que todo estea ben antes de enviar por se hai algo que non se gardou. · Que data debe ter a folla de servizos? o A folla de servizos debe ter data posterior á convocatoria · Debo achegar só CV abreviado ou tamén o completo? o Sempre achegar CV completo (revisaránno para coñecer liña de investigación e ver a que comisión vai) · Podo elixir o comité (área) que me avalíe? o Si e non. Podemos elixir até dous comités de avaliación, no entanto, NON É VINCULANTE, a CNEAI determinará, en base a CV a que comisión van. Isto é moi importante porque se nos presentamos coa idea de que nos avalíen por campo 7.2. (educación), por exemplo e deciden que vai por o 7.1 (psicoloxía ou estudos de xénero, por poñer un caso), os criterios son moi diferentes e nolo poden denegar cando pensabamos que si cumpríamos o mínimo. Esta cuestión debémola ter en conta naquelas áreas fronteirizas: matemáticas/didáctica das matemáticas, arte/educación artística, educación física/ biomedicina, psicoloxía da educación... Debemos evitar o que chaman “estratexias de fuxida”. · En caso de denegación, debo agardar tres anos antes de solicitar un novo? o Non. Cando na convocatoria indica que debemos agardar 3 anos, refírese desde o último ano solicitado, non desde o ano en que nos presentamos. Por exemplo, se nos presentamos en 2020 con achegas até 2014 e nolo denegan, en 2021 poderiamos presentar de novo a solicitude, recuperando 3 anos dos presentados o ano anterior + outros 3. ACHEGAS Cuestións xerais · Podo presentar catro achegas? o Non, son 5, con 4 non obtemos avaliación positiva. · Debo engadir os pdf das achegas? o É moi recomendábel, non o esixen porén, si se deben enviar. Igualmente o doi (se o ten, comprobamos que funcione), ISSN e título ben posto da revista, ou ISBN e título do libro / capítulo · É obrigatoria engadir publicacións substitutorias? o Non, porén, si moi recomendábel, salvan sexenios. En moitas ocasións van ás substitutorias, incluso ao CV e se ben algo mellor fan o cambio. Insisten moito niso. · Até que número de autoras/es podemos poñer? o Depende da área, o que si deben estar sempre xustificadas. · Debo indicar os cambios de título dunha revista? o SI, en “outros datos da revista” · Que data de revista debo poñer se esta ten formato electrónico e en papel? o Sempre a da publicación en papel. · Podo repetir achegas en tramos de transferencia e de investigación? o Non podemos utilizar as mesmas achegas para transferencia e investigación. Se unha publicación xa foi avaliada positivamente en transferencia non vale para investigación nin viceversa. · Se presentei unha achega noutra convocatoria e agora sae unha nova edición, podo presentala? o Non se valoran reedicións. Se xa foi presentada unha edición non vale presentar outra noutro sexenio. · Que tipo de monografías podo presentar? o Teñen que ser resultado de investigación, non divulgativos, nin libros de texto... Resumo e Indicios de calidade · Cantos caracteres teño de máximo? Podo excedelos se a miña publicación o require? o O máximo é de 4.000 caracteres, incluídos espazos, non se pode exceder e abonda. · Que linguas podo utilizar para a redacción? o Sempre español · Podo poñer opinións propias sobre a revista cando eu considero que é de calidade? o Non. O resumo e os indicios de calidade deben ser claros e concisos. Datos contrastábeis, probas obxectivas, non apreciacións subxectivas. Debemos ser prudentes ao poñer os indicadores de calidade, indicar só os importantes, “non cansar o tribunal”. · Ë importante indicar cal é a miña contribución nas obras en coautoría? Onde o indico? o Importantísimo e debe ir no apartado de resumo. O que avalían neste aspecto: se o proxecto é subvencionado, comproban cando son equipos de investigación que non haxa evidencias de “estratexias para facer varios artigos do mesmo”, se é unha mostra numerosa que leva anos facéndose e xustifica esa coautoría numerosa... · Cal é o número máximo de autoras ou autores? o Dependerá do campo. En educación, en principio penalizan con 5, ás veces con 3. A rebaixa pode ser dun 25%. En psicoloxía con 7. · Que debo indicar nos indicios de calidade? o Indicar, de forma clara e concisa, os principais índices de gradación: impacto e cuartil no ano de publicación (sempre ten que ser ese ano, non vale outro). Importante indicara área. Valórase sempre a favor de solicitante (se hai diferentes cuartís e distintas áreas, o mellor cuartil). Sempre comproban eles o JCR e SJR, por se nos confundimos. · Contan as citas? o Si, claro. · Que citas valoran? o Depende da área. En psicoloxía non contan as de Google Scholar, si WOS e Scopus. En educación si contan as de Google Scholar. Despois valoran unicamente as que teñen impacto: a revista ten impacto, a persoa citante é de prestixio e/ou se as citas están Wos e Scopus máis importancia. · E se as miñas achegas son antigas e daquela aínda non había JCR nin SJR nin outras ferramentas que ofreceran índices de gradación? o As achegas avalíanse en función de como está a ciencia nese momento. Se son antigas e non había JCR, por exemplo, utilizaranse outros criterios. AVALIACIÓN · Valórase igual un JCR que un SJR? o Non. En educación sempre vai un punto por detrás o SJR (un Q1 de SJR puntúa como un Q2 de JCR) · Se o meu artigo non está nunha revista JCR ou SJR porén, si está en Dialnet métricas ou na listaxe do Fecyt, podo obter o 6 de puntuación mínima? o En psicoloxía non. En educación tampouco, no entanto, poden axudar a completar outras... Todo iso sempre é matizábel, non existe un factor único e que cando existe sospeita de rigor acoden, incluso, ao contido. · Se algunha das miñas achegas obtivo unha puntuación positiva nunha convocatoria anterior (onde me denegaron o sexenio), podo indicalo? o Si e debémolo facer, achegaremos a puntuación obtida e non poderán dar unha menor. De feito, de non achegala e obter unha menor poderemos recorrer. · Se a miña publicación está nun Q1 nunha área e nun Q2 noutra, cal indico? o O mellor, o Q1. Sempre favorecen á persoa solicitante, van procurar o que nos vaia mellor: o cuartil + favorábel, a fonte mellor... · Se non escollo ben as achegas e teño outras mellores? o De atoparen nas substitutorias ou no CV algo mellor que poida salvar a avaliación o collen, por iso é tan importante poñer todo ben no CV. · Que son posicións relevantes? o Varía segundo a área: en psicoloxía JCR Q3 e Q4 son irrelevantes (Q3 pode dar 3 puntos e un Q4 1,5). Igualmente en estudos de xénero. En educación a relevancia baixa co cuartil, os relevantes en SJR son Q1 e Q2; un SJR sempre vai un punto por detrás de JCR. · Acéptanse as revisións sistemáticas no 7.1? o Si, sempre que cumpran os requisitos dos artigos. · É mellor un artigo ou un capítulo de libro? o En xeral sempre é preferíbel un artigo que un capítulo de libro. Un exemplo: artigo JCR Q4 ou capítulo libro SPI Q1? Artigo. Claro que todo depende, nos libros non avalían unicamente a editorial, pode estar en SPI Q1 pero ser 2 páxinas. Un SPI 1 dunha editorial podería puntuar un 6 en educación, sempre matizábeis. Aínda así, a esixencia do BOE hai que cumprila, de non termos o mínimo non vale por moi bo que sexa o libro e o mínimo en 7.1 e 7.2 non inclúe monografías, só artigos.