Blog

28/01/2021


Adaptación dos servizos da Biblioteca á nova normativa da Xunta de Galicia









 

Dacordo coa Resolución Reitoral, do 27 de xaneiro de 2021, para a adaptar as actividades da Universidade da Coruña ás normativas adoptadas pola Xunta de Galicia con data do 26 de xaneiro de 2021 como consecuencia da evolución da situación derivada da pandemia causada pola COVID-19, coa corrección de erros do 28 de xaneiro, a partir do 8 de febreiro as salas de lectura das bibliotecas dos centros permanecerán pechadas até o 17 de febreiro.


Servizos que se prestarán desde o 27 de xaneiro ao 17 de febreiro



  • Préstamo, previa reserva no catálogo

  • Devolución de libros

  • Formacións en liña

  • Asesoramento a investigadoras e investigadores (telefónica, correo electrónico, Teams)

  • Consultas xerais e espacializadas (teléfono, correo electrónico ou por Teams)

  • Calquera outro servizo que non precise a interacción presencial

  • Até o 8 de febreiro estarán abertas as salas de traballo da Biblioteca, do 8 ao 17 pecharán.