Blog

22/02/2021


Nébeda club literario: Montserrat Muriano, Andrea Maceiras e Patricia Carballal ao vivo

NeO xoves 25 teremos unha nova sesión do club de lectura Nébeda. Contaremos con tres convidadas de honra que estarán ao vivo a través de Teams: Andrea Maceiras, Montse Muriano Rodríguez e Patricia Carballal Miñán. As dúas útimas xa as coñecedes, son docentes na nosa facultade e sempre están a argallar historias. Entre estas historias está o libro Habitando historias, coordinado por Montse Muriano e onde participan, entre outras e outros, Andrea Maceiras e Patricia Carballal, con dúas achegas marabillosas a primeira sobre Literatura infantil e xuvenil e a segunda sobre literatura oral. Andrea Maceiras, tamén docente, é unha das autoras máis salientábeis na LIX galega. Convidámosvos a participar, só tedes que enviar un mail a educacion.bib@udc.es e enviarémosvos o enlace. https://nebedaclubelectura.wordpress.com/