O xoves, 18 de abril teremos con nós a Paula Carballeira con quen dialogaremos sobre a súa obra As alumnas, obra galardoada co Premio Nacional de teatro. Paula Carballeira, nada o 7 de setembro de 1972 en Maniños (Fene), é unha figura destacada do panorama cultural galego, cuxa traxectoria profesional abrangue a dramaturxia, a narración oral e a interpretación. Na Universidade de Santiago de Compostela licénciase en Filoloxía hispánica e postgradúase na Especialización en Arte Dramática. Carballeira desenvolveu unha prolífica traxectoria que lle valeu recoñecementos como o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023 pola súa obra “As Alumnas”, ano en que tamén acada o Premio Follas Novas da categoría de teatro. Ademais obtivo outros galardóns como o o Laudamuco de Textos Teatrais (2022) ou o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, este último obtido en tres ocasións (2006, 2011, 2018).Será por volta das 16 horas na Sala Xoana Torres da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. Tedes máis información no noso blog.