Como sabedes, na Biblioteca podémosvos axudar na solicitude de Sexenios: 1. Con información dos criterios e ensinándovos a manexar as fontes para procuralos. Nesta liña impartirase unha formación desde o servizo de biblioteca e un seminario específico na Biblioteca da Facultade. Avisaremos cando teñamos a data. 2. Con asesoramento persoal durante todo o proceso. Creamos un grupo con todas as persoas que vos presentedes e resolvemos todas as dúbidas que poidades ter. 3. Coa procura de índices de impacto e relevancia e elaboración de informes. Unicamente se realizarán informes e asesoramento para o PDI da nosa Facultade e hai un máximo de solicitudes que podemos atender. As solicitudes serán atendidas por orde de recepción, a través deste formulario. Non se realizan narrativas, ofreceremos un exemplo de como se poden construír. Só admitiremos solicitudes até dez días antes de que finalice o prazo de presentación das mesmas. Tedes un apartado específico con información sobre os criterios de ano pasado na nosa web. Este ano é previsíbel que non cambien xa que na convocatoria anterior foron substanciais.
