O vindeiro xoves 31 de outubro teremos un encontro literario con Estíbaliz Espinosa Río ás 16 horas na Sala Xoana Torres da nosa Biblioteca da Facultade de Ciemncias da Educación. Estíbaliz Espinosa Río é unha figura polifacética no panorama cultural galego, destacando como escritora, poeta, tradutora e divulgadora científica. Nada en A Coruña en 1974, a súa traxectoria literaria e artística abrangue diversos campos. É unha artista multidisciplinar de grande versatilidade á hora de crear espectáculos e accións performativas. Tedes máis información no noso blog
